Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Somos os monstros

Cun bosque queimado e casas en ruínas como escenario, dous irmáns —unha nena e un neno— saen xogar ao anoitecer. Como nos mellores contos, pérdense e cae a noite. Nas sombras, onde non se ve nada, viven os monstros. E por moitas luces que se acendan, sempre hai sombras.

Baseado nun texto homónimo de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática de 2023 e gañador do X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil de Galicia.

Galego

A furia da amanita

Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado.

Galego

Colectivo do flow

Novo formato do Colectivo do Flow. Unha nova proposta de teatro de improvisación fresca, irreverente, musical e con moito flow.
Nesta ocasión, Antía Costas, Sergio Alfonso Agra, Martín Blanco, Pedro Placer, Carlota Rosón Rojo, Hugo R. Castro e Carlota Mosquera veñen acompañados de dous dados e un pulsador que terán moito que dicir no espectáculo.
 

Galego

As pitas baixo a choiva

Ludivina e Tereija son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vén ás veces xogar con elas.

Pero temen que ese día chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral… coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e siga a xogar con elas.

Adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O lar de Clara, O país de Erika, Amores Serodios.

Galego

A gran viaxe das Letras Galegas, até Begoña Caamaño

Unha viaxe máxica e emocionante a través da historia, da lingua e da cultura galega.

A gran viaxe das Letras Galegas leva ao público por un camiño cheo de palabras, sons e lembranzas a través de distintas épocas, autoras e autores.

Espectáculo que convida ao público a embarcarse nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes próximos, entre o corazón e a memoria.

Galego

Juan Dávila

O cómico Juan Dávila chegará a Santiago de Compostela os días 6 e 7 de novembro co seu espectáculo El Palacio del Pecado, unha das propostas de humor máis exitosas do momento. Con ambas funcións xa esgotadas, o show confirma o enorme tirón do artista, que converte cada parada da súa xira nun auténtico fenómeno de público. Baseado na improvisación e na interacción directa co público, o espectáculo ofrece unha experiencia única en cada sesión, marcada por un humor irreverente, dinámico e imprevisible.

Galego

Goyo Jiménez

Goyo Jiménez – América Forever (The final refrito)
Despois de conquistar América… sen saír de España, e de demostrarnos que estadounidenses e o resto da humanidade convivimos no mesmo planeta por un erro administrativo, Goyo Jiménez regresa con América Forever: The final refrito, a recompilación definitiva dos mellores momentos da súa mítica triloxía “Aiguantulivinamérica”.

Galego

Achifánfanos

“Achifánfano: dise de toda cousa, obxecto ou aparello aparentemente inservible que, por algunha razón, motivo, causa ou circunstancia un decide gardar, sen saber moi ben por que"

Idede recomendada: Adultos

Hora: 20:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

Galego

Begoña Caamaño, o transgredir das ondas

Velaquí unha proposta teatral arredor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026. Conta con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán. A actriz dálle vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun pódcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora.

Galego

Criaturas

O medo máis antigo da humanidade é o medo ao descoñecido. Din que Prometeo roubou o lume aos deuses, e que desde entón arde en nós o desexo de crear. Mais toda creación leva consigo a sombra do erro. Como intuía Aristóteles: o monstro é o que se afasta da esencia, o que rompe a orde natural das cousas. Criaturas nace desa fenda, desa chispa prometeica que nos empurra a inventar, modificar, mellorar… ata perder de vista o que nos fai humanos. 
+14 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro