Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
Sinopse
Tres persoas, ou catro, mellor dito:
LUCÍA ten unha depresión de cabalo que fai que viva unha experiencia vicaria a través de YOLDI, unha marabillosa moza con discapacidade intelectual.
YOLDI coidará as plantas de JOSÉ MANUEL, prestixioso psicoterapeuta que por unha parálise cerebral, vese abocado a unha dependencia total. Só fala coa súa psiquiatra dunha relación moi íntima que mantén con ALEXA, unha intelixencia artificial.

