Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Facendo teatro. O pequeno raposo

Ao rato Fuco encántalle o teatro, sobre todo pola súa dimensión lúdica e grupal. Hoxe vai dirixir a obra “O Pequeno Raposo”, representada por algúns dos asistentes, que tras uns pequenos xogos preparatorios estarán listos para actuar.

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

O Tesouro

Achégate ao teatro da man de Trécola. 

Da man de dúas exploradoras que buscaban un tesouro fomos coñecendo  diferentes personaxes de contos coñecidos polo público como “Monstro rosa” ou “Vivan las uñas de colores”

Cada unha delas tiña un anaco dun mapa que ao unirse indicaba que o tesouro se atopaba en “Xalundres”. Ó remate da actividade descubrimos onde está ese misterioso lugar e o segredo do tesouro que contén.

Espectáculo para público familiar. 

Galego

Hamlet

O Centro Dramático Galego presenta HAMLET cunha produción propia de gran formato dirixida por Tito Asorey, quen asina xunto a Vanesa Sotelo a versión galega do clásico de Shakespeare cun elenco de 16 actores e actrices sobre as táboas.

Galego

Formigas no peto

“Formigas no peto” é unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes coa narración oral e co teatro de autor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de todos nós e que, por medio de varias personaxes moi recoñecibles e familiares vencelladas á nosa vida cotiá, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, nos conta, sente e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.

CONMEMORAMOS O DÍA DO TEATRO

Galego

Los dos hidalgos de Verona 

Se Shakespeare é un dos construtores da alma humana moderna, como afirma Harold Bloom, en LOS DOS HIDALGOS DE VERONA empezará a desenvolver moitos dos elementos que van definir esa concepción do ser humano. 

Esta é unha das primeiras comedias nas que afina as tensións entre amizade e amor, tensións que ocupaban un espazo non menor na literatura de fins do Renacemento. A amizade entendida como unha forma de amor sen sexo estaba a ser tratada desde moitas perspectivas e enaltecida como unha forma de alto compromiso sentimental oposta ás relacións amorosas.

Galego

Monstros no camiño

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non…

Galego

Costureiriña bonita

COSTUREIRIÑA BONITA é un espectáculo que combina a maxia do xogo coa saudade dos tempos idos, un canto á muller galega modista, emigrada, que procurou nas feituras un xeito de facer a vida.

COSTUREIRIÑA BONITA é interxeracional, onde grandes e pequenas gozan da música, títeres e lendas, a través dunha participación activa. Ao ritmo frenético da máquina de coser prepáranse os traxes que serven de inspiración para deixar voar a imaxinación.

Galego

Se as árbores falasen

Se as árbores falaran... Un incendio arrasa con todo o verde no monte! Con todo? Non! por sorte a fraga onde vive Flora, unha nena de nove anos e medio, resistiu. E ela vai averiguar por que a fraga conseguíu sobrevivir ao lume e o resto do monte non. As árbores serán as que llo expliquen coas súas cancións e tamén as que lle ensinen de que xeito pode axudar a recuperarse a terra queimada. Unha lección que nin ela nin o resto da xente da vila esquecerá nunca, pois descubrirán a ledicia e a responsabilidade que supón Ser Terra.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro