Made in Galiza
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da", MADE IN GALIZA é un convite á República Indenpendente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba, sábeo!

