Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

 

Ficha artística

Autoría: Santiago Telemo e Carlos Losada

Galego

Sen lingua

Na expectante sala dunha coach emocional, o matrimonio de Amador e Amanda enfronta un desequilibrio doloroso. Amador, o brillante financeiro, emite un aura de urxencia, afundindo a súa muller nun mar de silencio. Amanda, unha avogada laboralista eclipsada, loita por atopar voz ante o monopolio verbal de Amador. Cada palabra pronunciada por él achica a presenza de Amanda, facéndoa sentir invisíbel, como se o seu ser se disolvera nas sombras. Máis e máis, Amador medra na sala, erguéndose como un coloso que todo absorbe, devorando os intentos de Amanda por expresarse.

Galego

Trinke Trinke

Os ratiños de Lonxedetodo volven á biblioteca coas súas fabulosas historias.

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Hamlet

Hamlet é sen lugar a dúbidas a peza teatral máis famosa da historia, escrita arredor do 1600 por un home que pretendeu, como Atlas, coller a esfera da Terra nas súas mans, e con ela todos os asuntos humanos, e plantalos no seu pequeno teatro do sur de Londres, The Globe. Desde ese lugar o teatro pasaría a ser un espello no que a humanidade puido observarse dun xeito critico a través de pezas que son obras mestras inesgotables de pura paixón e acción escénica.

Ficha artística

Galego

Xoguetes rotos

XOGUETES ROTOS narra a historia dunha amizade entre Mario, un xoven que abandona a súa aldea, e Dorin, unha transexual do mundo do espectáculo. Mario traballa nun salón de peiteado pero Dorin lévao a enfrontarse aos seus soños de ser muller. Neste espello non que Mario reflíctese tamén ver un mundo de purpurina perigoso e revelador.

Galego

Vitória

VITÓRIA é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.

 

Ficha artística

Autoría: Iria Pinheiro

Galego

Ubasute

UBASUTE é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.

A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.

Galego

Tromsø

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.

Galego

Territorio Regueifa

Territorio regueifa é un espectáculo de humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade. O espectáculo combina a parte narrada coa recreación de distintas escenas teatrais, como a primeira regueifa da historia, a incorporación da muller no mundo da improvisación rimada, ou como sería un telexornal da Galega feito en verso.

Galego

Riazor Ostia

RIAZOR OSTIA é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. Da súa man, a peza afonda no auxe do fascismo, da violencia e da memoria, atravesadas polas loitas e tensións que xorden arredor de temáticas sociais como a visibilidade LGTBIQ+, a xustiza, a educación, a relixión ou a política. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro