O espírito de Vania
Chékhov segue a ser un autor contemporáneo que nos interpela directamente, e Tío Vania é unha obra á que sempre paga a pena volver. O noso reto é contar esta historia dun xeito persoal e renovado, cunha mirada libre de prexuízos, coma se a descubrísemos por primeira vez.

