Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feo!

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. 

A pequena fábrica de parrulos de goma "Il Papero Giallo" produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente... 

Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia. 

Público familiar a partir de 3 anos

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Trinke Trinke

Os ratiños de Lonxedetodo volven á biblioteca coas súas fabulosas historias.

Público familiar a partir de 4 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Club de lecturas dramatizadas

O “club de lecturas dramatizadas” quere achegar toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos. Un libro de teatro contén non só a obra, é dicir,o texto ou historia ; no su interior tamén agocha un reflexo da sociedade que a rodea. Pero aínda máis, o texto é a canle que conecta a obra co escenario para estar realmente completa.

 

Data e hora: luns (quincenais) de 18.00 a 20:00 h

Público destinatario: adulto e xuvenil, a partir de 16 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 7 de xaneiro ás 09.00 h.

Galego

Nortear

NORTEAR COLUMNA BALTEIRA · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: Todas as idades Duración: 80 min Lingua: galego
NORTEAR é unha peza escénica onde o real e o espectral, o político e o onírico, o etnográfico e o poético se entrelazan. Un grupo de mulleres habita un espazo despoboado do Norte, movéndose entre o traballo, a danza e a espera, nunha procura constante dun lugar onde ancorarse e seguir turrando pola utopía.
 

Galego

Contra Ana

CONTRA ANA LA CONTRARIA · TEATRO
Idade recomendada: a partir de 14 anos Duración: 75 min Lingua: castelán
CONTRA ANA é unha autoficción baseada na experiencia real da súa autora, Alma García, que aborda a anorexia e os Trastornos da Conduta Alimentaria desde unha mirada íntima e complexa. A obra céntrase no período que pasou ingresada nunha clínica e reflexiona sobre a identidade, os porqués da enfermidade e a responsabilidade social no seu desenvolvemento e mantemento.
 

Galego

Iribarne

IRIBARNE BUTACAZERO, CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL E MIT RIBADAVIA
Idade recomendada: a partir de 18 anos Duración: 180 min (con intermedio de 15 min) Lingua: galego

Galego

Esencia

TEATRO ESPAÑOL E ENTRECAJAS PRODUCCIONES TEATRALES ESENCIA · TEATRO · ARTES ESCÉNICAS
Idade recomendada: Público adulto Duración: 80 min Lingua: Castelán
Dous vellos amigos reencóntranse tras anos sen verse. A súa conversa, atravesada por lembranzas e reflexións, xira arredor da espera dun autor misterioso que nunca chega —ou quizais sempre estivo aí—. ESENCIA, de Ignacio García May, é unha obra enigmática que cuestiona a percepción da realidade e invita a poñer en dúbida as nosas certezas.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro