Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Galicia Escena PRO: Bulebule

Bulebule é unha travesía cara á igualdade que busca poñer en valor outras formas de ser e estar no mundo. A través da historia de Candela, unha moza curiosa e enérxica, a peza aborda con tenrura a igualdade de xénero, a visibilización das mulleres pioneiras nos oficios do mar, o TDAH e o coidado do medio mariño.

Galego

Galicia Escena PRO: Ubasute

Ubasute é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza é finalista na categoría de teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025. Ubasute é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo.

Galego

Galicia Escena PRO: Vitória

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.

 

Coprodución co Auditorio Municipal de Cangas e A Casa da Esquina (Coímbra) e co apoio da Câmara Municipal de Valença do Minho

 

Galego

Galicia Escena PRO: Maruxiña

Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña, de Hans Christian Andersen. É un espectáculo de Aurora Artes Escénicas en clave cómica, interdisciplinario e con música en directo, onde a protagonista investiga o mundo que a rodea despois de nacer no tarro da hortensia da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que fóra dese tarro hai un mundo moito máis grande, que hai persoas amigas e outras que non o son tanto, que lle gustaría voar... E repara en que o realmente importante é poder decidir libremente o que quere para ela.

 

Autoría: Laura Sarasola

Galego

O Chow do Flow

Chega o último chow da tempada do COLECTIVO DO FLOW nas Noites de T.R.A.C.A. e veñen montar a festa definitiva!Desta volta estará a impro con máis flow ao completo - Sergio Alfonso Agra, Martín Blanco, Hugo Castro, Antía Costas, Carlota Rosón Rojo, Carlota Mosquera e Pedro Placer- que rematará en festa segura coa PINCHADA FINAL de SEÑORA Dj!

Galego

¡Madre mía!

Co seu anterior espectáculo "Cómo conocí a mi suegra", Ismael e Isa levaron as súas andanzas domésticas e de parella por teatros de toda España.
Rimos con eles e coa súa forma de entender que as dificultades da parella lévanse mellor cunha boa dose de humor.

Galego

Galego

O recoñecido actor arxentino Gabriel Fernández chega de xira por Galicia coa obra GALEGO.

Fillo e neto de galegos, interpreta neste monólogo a un migrante galego na Arxentina xa moi maior, que desprega a súa memoria nun presente que o volve a interpelar: a súa relación distante co outro espazo —o da orixe— e a referencia do construído no país que o acolleu.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro