Tres vellas (na Romaría)
Segundo algúns dos máis esixentes críticos, TRES VELLAS (POLO MENOS) é un dos espectáculos máis fermosos dos que podemos desfrutar na escea galega. Tres dos mellores narradores da escea internacional xuntos falando das súas musas, as súas vellas. Cada función é diferente, única; algunas vellas repiten, outras non, aparecen e desaparecen da memoria colectiva na maior e máis antiga expresión teatral: a narración oral.

