O Furancho
No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa, tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia.
Ao seu redor, as lendas e os contos sucédense por toda a nosa xeografía, tanto física como identitaria.
Recollemos parte dese patrimonio oral, dende as lavandeiras nocturnas enchoupadas en sangue até o traballo colectivo das lavandeiras de Redondela, na Illa de San Simón cando a guerra.
Tamén contamos de Manuela Lores, e cantamos as fontes e os ríos. Poñemos os pés a remollo cada día...
"Entre arrolos e contiños" é unha actividade na que os nenos e nenas compartirán con aquelas persoas que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.
A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.org
Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.
Con Fran Rei, como protagonista, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte dos contacontos. Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos Marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza.
Canta, Buguina, canta!
Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.
Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.
Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de tea ao son da música e as palabras.
Nas longas noites de inverno ou nas calurosas tardes de verán, a vella Carmela lía novelas do oeste ou miráballe os santos ás revistas do corazón. Iso era cando non estaba calcetando, nin ganchillando, nin rezando o rosario, que eran as súas ocupacións principais no seu lecer. Tiña outra afección que gostaba moito na familia: cociñar e non podía evitar facelo en cantidades industrais, por da fame pasada, polo que sempre precisaba axuda na cociña e alí estaba a súa neta para axudarlle nos fogóns.
Despois de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Más Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!
Un menú elaborado en directo coa participación do público digno dos maiores recoñecementos do mundo culinario.
Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!
Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.
Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡YES BABY!
Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre as nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.
Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.