Memorias dun neno labrego
Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario da súa morte. Dirección e dramaturxia a cargo de Cándido Pazó.

Nova versión teatral sobre o libro de Xosé Neira Vilas no X aniversario do seu pasamento. Dirección e dramaturxia a cargo de Cándido Pazó.
CONTRA ANA é unha autoficción que retrata a anorexia (e que é un Trastorno da Conduta Alimentaria na súa complexidade) desde a experiencia real da autora, Alma García. Céntrase especialmente no ano que pasou ingresada nunha clínica en Barcelona e reflexiona sobre a identidade e o que este concepto supuxo para ela.
A obra adéntrase na procura dos porqués e na responsabilidade que a sociedade ten no desenvolvemento (ou mantemento) dun TCA.
Idade recomendada: a partir de 14 anosDuración: 75 min Lingua: Castelán
Reconversión é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.
Pepe e Lucas, os irmáns galegos que conquistaron TikTok co seu humor e creatividade, están preparándose para dar o salto aos teatros. Con máis de 1,8 millóns de seguidores, o seu contido reflicte un estilo fresco e próximo, inspirado na súa infancia nunha aldea galega. Agora, buscan trasladar o seu éxito dixital ao escenario, levando a súa comedia a un novo nivel cun espectáculo en vivo que promete risas e complicidade co público.
Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ninguén reclama, pero que adoecen a xeracións? Inés asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a súa casa en herdanza sen tela coñecido nunca e sen avisar á súa neta. Xuntas descubrirán un pasado que descoñecían, abrindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante os últimos meses da Guerra Civil e á súa mocidade.
Quen non pensou algunha vez en voar...? Despegar os pés do chan e coma por arte de maxia, flotar na ingravidez do ar? Movidas pola curiosidade máis primaria e un anhelo profundo que transcende as limitacións humanas, as dúas personaxes desta historia buscan a fórmula para alcanzar o ceo. O ar promete unha liberdade que a terra descoñece. Por que non atreverse a soñar máis alto?
Voo é unha metáfora visual inspirada por un imaxinario común e revelador que emprega o teatro físico, a música, os obxectos, o humor e a danza como motor para alcanzar os soños.