Escenas do cambio 2026
Escenas do cambio 2026 propón un programa no que laten tres correntes interconectadas: o impulso do que persiste, o do que se revela e o do que se reinventa. Revelesencia é o termo —entre revelación, efervescencia e esencia— co que Kirenia Martínez, directora artística do festival, define unha liña de programación que interrelaciona estes tres camiños a través das artes escénicas.

