Menú de refectorio
A proposta de Viravolta Títeres discorre nun mosteiro. Alí os monxes, mentres preparan a mesa para o xantar, conversan sobre personaxes literarios do Renacemento cuxas accións dramáticas toman forma a través dos elementos da vaixela que hai sobre a mesa.
Menú de refectorio estará este outono en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística: A Peroxa, Salceda de Caselas, Miño, Ribas de Sil, Coristanco, Guitiriz e Ponte Caldelas.

