Thea, deusa da luz
Na mitoloxía grega o seu nome significa “Amplo brillo”. Esta divinidade era a titánide da visión, considerada como a diosa que outorgaba o brillo ó oro e ás pedras preciosas.

Na mitoloxía grega o seu nome significa “Amplo brillo”. Esta divinidade era a titánide da visión, considerada como a diosa que outorgaba o brillo ó oro e ás pedras preciosas.
Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.
Espectáculo de narración oral
Historias vivas recollidas para ser contadas de viva voz, aquí presentadas coma unha instantánea, coa humilde intención de que permanezan nalgún
lugar. Contos de catro mulleres bravas do Morrazo, que levaron a vida que querían levar.
Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.
Coreos e xogos musicais mesturados con números de clown, circo e malabares con lume farán que pequenos, e o pequeno que todo maior leva dentro, salten, bailen e rían como nunca. En calquera sala ou espazo que visite este espectáculo participativo o público gozará dende as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.
Sinopse: Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.
Elenco: Artur Trillo e Toño Casais
Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:
-Mi padre: como se llama esto?
O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:
-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.
Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.
Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.
Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.
ESPECTÁCULO ITINERANTE NO QUE ESTE CIRCO AMBULANTE PERCORRERÁ AS PRINCIPAIS RÚAS DA VILA, NUNHA INTERACCIÓN CONSTANTE CO PÚBLICO,MÚSICA, RITMO, HUMOR E MOITA DIVERSIÓN.