Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Conto para escoitar mentras bailamos un vals

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical?  A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta, ...)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra”  Caxoto cheo de fantasía e da nosa música 

Galego

Consertasso na Horta

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!

Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable!

A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap.

Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae.

Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska.

Galego

Canta, Bugina, Canta!

Canta, Buguina, canta!

Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois,

galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.

Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.

Brincamos coa imaxinación recreando animais con obxectos, barcos e illas de papel, un mar de

tea ao son da música e as palabras.

Galego

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

Galego

O ladrón de Paraugas

O espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

Galego

Outra Movida

Poucos textos poden mellorar o que, para mIn, é o mellor chiste da historia:

Dous borrachos están na barra dun bar e un dille ao outro:

- A túa cara sóame de algo

- Home… son o teu irmán

- Non… de Outra Movida!

Esta é sensación que teño dende non fai moito tempo con esto que se denomina, “Nova Normalidade”. É o mesmo peeeero… doutra forma, é OUTRA MOVIDA.

Galego

FESTA TRIBAL

MÁSCARAS RITUAIS E TAMBORES

Unha animación chea de cores e ritmo. Estas máscaras rituais feitas con globos 100% biodegradables, bailarán ao son dos ritmos africanos, creando un ambiente de diversión e felicidade que gustará a pequenos e maiores. Os personaxes irán caracterizados de xeito que a xente sentirase no medio da África máis profunda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro