Papaguena
Papaguena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro que aparecen na célebre ópera A frauta máxica de Wolfgang Amadeus Mozart.

Papaguena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro que aparecen na célebre ópera A frauta máxica de Wolfgang Amadeus Mozart.
A xeración Z, unha mocidade moitas veces silenciada e que con todo está fortemente implicada na loita social de todos os colectivos que sofren violencia na nosa realidade. Creando un teatro que busca o íntimo, que conecta a todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo.
Martín vive nun dos últimos rincóns verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida.
Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles.
Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?
A primeira vez que Laura veu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos... non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.
Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.
Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia, que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, a canción ou o xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos a personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlle ás corochas? Será que a sensación en cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de poñerlle un único nome? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...
O grupo OLLO PIOLLO lanzou o seu primeiro álbum "CANTA CONTOS - Sons da Batea" en novembro do 2021. Este álbum, composto por 9 cancións, contén ritmos variados; podemos escoitar dende country ata bosanovas pasando por hipo-hop ou regaetton. Todas as cancións están baseadas en cancións que a rapazada cantaba e canta nos campamentos así como en contos infantís.
Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 10 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.
O novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”.
Baseándonos en documentación de hemeroteca reconstruímos os anos nos que Emilia Docet Ríos viviu a súa faceta de Miss. Coñecemos así a vida que leva nesa intensa época na que os actos públicos parecen ser o centro da súa vida.
Emilia é unha disciplinada deportista e estudante de Peritaxe Mercantil que aproveita a circunstancia da súa popularidade para expresar tamén o seu
galeguismo.