Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A vida tola

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucéndese momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, a número dous e tamén ... é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!!!!

Galego

Olivia y las plumas

Olivia, a protagonista desta historia, vive nun pequeno pobo preto do bosque. Olivia ten un secreto e é que posúe un don especial: pode comunicarse cos animais. Grazas a este don, un día descobre que o lago se está secando e que os peixes necesitan chegar ao mar. Estes pídenlle que busque plumas para axudarlles. 

Galego

Yeorbayu

YeORBAYU é unha reivindicación do goce en escena con acompañamento do público, e tamén do humor como arma de comunicación masiva, de destrución de prexuízos e de construción de liberdades… unha serie de homenaxes a diferentes figuras dentro do circo como o dúo portor/áxil, lles domadores, as bestas, lles forzudes e tamén (e como non!!!) á figura do Pallaso...pero talvez desde uns ollos que contemplan máis o backstage, a cotiandade e a rutina e non tanto a escena onde brillan os abelorios á luz dos focos e o aplauso.

Galego

Antón Retaco

Antón Retaco é un espectáculo de teatro monicreques para sala con música en directo.

É unha adaptación do libro “Antón Retaco” de María Luisa Gefaell (Premio Nacional de Literatura 1952) cunha posta en escena para os rapaces de hoxe utilizando diversas técnicas de monicreques, máscaras e actor.

Galego

Entrañas con patatas

Entrañas con Patacas é unha viaxe dunha hora pola esencia dos seus protagonistas, Luís e Pere, onde xunto a Valentina, a técnica que fai que todo suceda, contan a súa peculiar historia de amor que transita desde o máis absurdo ata o máis profundo dunha relación, dous seres unidos polo vínculo da amizade que decidiron transitar o medo a través da exploración do ridículo e a total exposición de todo o que a súa identidade conforma onde o erro convértese nunha ferramenta esencial cuxo árbore dá froito a unha historia orgánica e cambiante que se sostén grazas a esa fina marxe entre o risco e o

Galego

Here comes your man

Os antigos alumnos dunha escola relixiosa reuníronse a fin de semana nun pequeno hotel das aforas da cidade para render homenaxe e celebrar a xubilación do que fose o seu titor.

As obras no edificio fixeron que a Morais e a Torres tóquelles compartir habitación. Non foron demasiado amigos en clase e agora tampouco parece que teñan demasiadas cousas en común.

Morais non garda moi bo recordo dos anos da escola. Torres en cambio di que foron os mellores da súa vida.

Galego

Orlando

Como sería vivir máis de trescentos anos? Ser home e muller nunha mesma vida. Viaxar por Europa e as súas épocas, ser o amante da raíña de Inglaterra, diplomático en Constantinopla, muller dun aventureiro, nai… Orlando, obra cume de Virginia Woolf, é unha xoia da literatura: unha aventura a través da historia e a cultura de Europa; unha oda á beleza, a imaxinación e a vida; unha viaxe que convida a escribir nosa propia historia desde a alegría e o asombro. 

Galego

Un día en el teatro

“Un día en el Teatro” achega aos máis pequenos, nas diferentes linguaxes teatrais: o mimo, a danza, o clown, os monicreques, o circo e a música. Dunha maneira sinxela o espectáculo fai un percorrido polos xéneros máis coñecidos e visuais para gozar dunha gran historia contada.

“Un día en el Teatro” é unha viaxe de iniciación ao teatro ofrecido de maneira natural. O espectáculo está pensado para que sexa a primeira, ou unha das primeiras experiencias teatrais dos nenos/as como espectadores.

Galego

Proyecto Brújula II

Proyecto Brújula II trata sobre a realidade virtual e a realidade tanxible. Navegaremos por ambos os espazos onde a través da procura da identidade, os tres intérpretes mergullarán para atopar cal é a que eles elixen: a virtual, a tanxible, ou ambas? Nun mundo onde todo está imposto, e queiras ou non, elixes o camiño que che ofrece o sistema, ás veces algunhas persoas logran polo menos cuestionarse se ese é o mundo no que queren vivir. 

Galego

As fillas bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro