Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

As fillas bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Galego

Gaspet

Un espectáculo que combina o teatro de máscaras, o clown e a manipulación de obxectos. Un único actor en escena interpreta a unha variedade de personaxes para abordar o mundo dun construtor de máscaras, introducirnos no seu oficio e dar vida ás súas creacións.

Galego

Only Cucko

Cucko é un solteiro que busca unha relación saudable e chea de paixón. Aínda que a soa idea de pensar no matrimonio prodúcelle calafríos, un día coñece a unha marabillosa persoa que lle atrae irresistiblemente. Incluso facendo grandes esforzos por non namorarse, a partir dese momento sentirá o pallaso máis feliz do mundo. 

Hoxe, quedou con ela no teatro. Virá? ou veremos unha gran traxedia cun pallaso? Sexa como for, Cucko vai divertirse con todos vós, xogando co Amor.

Galego

Por las buenas y por las malas

Quen che faría a vida imposible? Sexamos sinceros, sen as malvadas dos contos non habería historia. Non teriamos nada que contar, ningunha adversidade, ningún engano, ningún perigo... todo liso e moi, moi aburrido. Tampouco habería finais felices, nin banquetes, nin perdices. Veña...! Que a todos atráenos o seu lado escuro, fascínannos as súas maldades gratuítas, envexosas, crueis e antipáticas.

Galego

Illas desertas

Illas desertas válese das experiencias e reflexións de dúas dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Galego

Cía D´es Tro: Poi

É a historia dun home rural atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida.

Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxectivo deste espectáculo de carácter contemporáneo.

Galego

Algún día todo será tuyo

No seu leito de morte a don Ramón Areces, dono de El Corte Inglés, mestúranselle os recordos da infancia coas súas andanzas en Cuba e as ofertas de Nadal que sonan pola megafonía da súa grande empresa.

Agoniado polo seu pasado, don Ramón Areces pasea polas súas lembranzas tratando de atopar o seu último anhelo, unha metáfora que lle faga xustiza á súa persoa.

Unha metáfora perfecta que resoe no enterro do suposto fundador de El Corte Inglés.

Galego

M.A.R.

Unha luz tintina dentro da casa. Empezou o día. Sobre a mesa, a man debuxa un sendeiro recto, logo curvo, graduado e finalmente trazos desordenados que cruzan a cidade enteira. Conclúe nun punto, o trazo acabou a súa viaxe. O ambiente é tan húmido que os peixes poderían entrar polas ventás. A casa vai, soa, coas velas cheas de vento.

Inspirada no teatro de obxectos, "M.A.R" explora a manipulación obxectual a través dun traballo coreográfico do corpo cos materiais de traballo; obxectos todos eles reunidos arredor  da construción dun espazo en concreto; un fogar.

Galego

The mountain

Só a Agrupación Señor Serrano pode combinar nun mesmo espectáculo o misterio non resolto da primeira expedición ao Everest, o pánico que xerou a emisión radiofónica d'A Guerra dos mundos de Orson Welles, un busto dixital falando de Vladimir Putin, xogadores de bádminton vestidos de inmaculado branco, unha web de noticias faltas, a ameaza dun dron sobrevoando o público e unha maqueta dun pobo americano. The mountain, o último proxecto dunha das compañías catalás con máis renome internacional, é unha abraiante rede de imaxes para reflexionar sobre qué quere dicir a verdade sen dogmatismos e c

Galego

Malnacido

Na provincia de Ourense, no ano1.852: Manuel Branco Romasanta é un asasino en serie que deu morte polo menos a trece persoas. Durante o seu xuízo, Romasanta narra a historia da súa vida na que sufriu malos tratos e vexacións pola súa condición natural e alega que os crimes non foron executados por el senón por un lobo que habita nos seus adentros.
A análise do caso, case dous séculos despois, traslada o problema á actualidade desde o punto de vista social e expón tres preguntas.
-    ¿A sociedade é culpable de crear homes lobo?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro