Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

"A bailar!"

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

Arrevedeci Roma

Nesta peza Olga Abad querenos agasallar con unha chea de razoamentos, lembrazas e comparacións, entre os tempos de agora e os tempos de antes. Nesta epoca no que todo caduca a velociadede dun lostrego e ben sinxelo que os elementos culturais queden obsoletos en poucos anos. Podemos facer mofa de todo.

Galego

Peque disco Moc Moc

Coreos e xogos musicais mesturados con números de clown, circo e malabares con lume farán que pequenos, e o pequeno que todo maior leva dentro, salten, bailen e rían como nunca. En calquera sala ou espazo que visite este espectáculo participativo o público gozará dende as máis coñecidas cancións infantís ata a música máis actual.

Galego

As Alumnas

Sinopse: Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Galego

A parábola do angazo

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

Galego

Cachi-Mobil

Creada en 1985 Cachirulo caracterízase por unha rica produción de espectáculos que combina textos clásicos con autorías propias dunha gran variedade técnica: marionetas de fío, luva chinesa, bunraku, monicreque, sombras, obxectos e teatro de rúa.

Máis de trinta montaxes que percorreron os escenarios de numerosas programacións e festivais internacionais de Europa e América obtendo importantes premios.

 

 

Galego

Rilla Rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda...Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre.

Galego

Circopeta

O entrañable Ruliño (personaxe dá obra de Neira Vilas) móstranos ou mundo do circo rural, na compañía dous intrépidos percusionistas de Odaiko. Un espectáculo que traslada ao público a outros tempos nos que ou rural galego víase impregnado pola maxia do circo de cando en vez. Ou clown e vos gags teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro