BÚHO
Pablo, un antropólogo forense especializado en yacimientos paleolíticos sufre un ictus que le provoca una amnesia severa. Asistimos a una búsqueda interior por su memoria para recuperar sus recuerdos, en definitiva, su identidad.

Pablo, un antropólogo forense especializado en yacimientos paleolíticos sufre un ictus que le provoca una amnesia severa. Asistimos a una búsqueda interior por su memoria para recuperar sus recuerdos, en definitiva, su identidad.
Non pretendo facer unha alegación en contra dunha cousa ou doutra, non pretendo criticar comportamentos, hai persoas que se dedican a realizar extensos estudos sobre estes temas e, en canto os publícan, xa esta desactualizados.
Cam girls e outras denominacións sexcam, chica webcam. Un fenómeno relativamente recente, que levou a centos de mulleres novas a gañarse a vida, utilizando un móbil sen necesidade de máis tecnoloxía, todo está dentro do móbil, ata plataformas para pagar por estes servizos, proxenetas sen contacto. O xogo está servido.Pussy Cake non nace coa intención de facer ningún tipo de estudo sociolóxico ou crítico.
VOX POPULI é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música e letras orixináis, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos.
VOX POPULI fala do auxe da ultra dereita en todo o mundo na época actual e que toca unha grande cantidade de temas relacionados con este fenómeno, tales como a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais.
3240 podería ser o título dunha película de Wong Kar-Wai, a matrícula dun coche ou o contrasinal dunha caixa forte, por exemplo, pero en realidade é o prezo do amor. O amor por un mito.
Que pasaría se a persoa á que sempre admiraches se puxera en contacto contigo? Que farías por coñecela? Canto custa un litro de endorfimas?
Non é por frivolizar, ou si, pero tanta crise e tanto drama e tanto personaxe por aí solto xa me teñen até o curuto!
Así que un pouco de cabaré marica non nos vai vir mal.
Transformismo, travestismo, algún número musical, ironía, algunha confesión e moita pluma autóctona, nada de pavo real, pluma de pita do monte.
HISTRIÓNICA! é un monólogo teatral absurdo en coprodución coa MITCFC.
É unha comedia excéntrica e metateatral con elementos grotescos e desenfadados que desemboca non intento de inventar un universo con regras propias entre ou teatro e a vida, entre a ficción dá realidade.
Aproveitar o corpo para mudar a voz, para mudar a pel. Crebar a palabra. Mmmmmm son. Gozar. A microscopía da palabra como goce para construir o verdadeiro. O primeiro murmurio.
Murmurios Cuánticos é unha peza de 20 minutos que emprega o microscópico da pel para construir unha linguaxe propia do meu universo feminino.
Confinados nace, en clave de hilarante comedia, das experiencias sufridas durante o confinamento. Catro amigas xúntanse por vídeochamada e deciden fuxir das compulsivas rutinas provocadas pola situación de illamento, ao estilo de Boccacio, no seu Decamerón. Deste xeito evadiranse da súa particular “Florencia” contando catro surrealistas historias.
Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica, o magnate Ramiro Soutelo, alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais, entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougos nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas da conciencia apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos: