Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Eclipse total

O aire vólvese frío e o ceo empeza a escurecer. Din que algúns cans ouvean e que as abellas se amontoan colapsando a entrada das súas colmeas. Algúns paxaros voan confusos. O tempo para. Todo está en silencio. Todo é escuro. Todo suspendido... sen saber que ocorrerá... coa sensación de que poderiamos permanecer sempre nesta noite infinita... Pero uns segundos máis tarde, quizais uns minutos, ou poderían ser anos, xeracións, milenios ou eóns de existencia, o día chega de novo. Unha profunda emoción invádenos e sentimos o privilexio de sermos testemuñas dun feito incomprensible.

Galego

Altsasu

Na madrugada do 15 de outubro de 2016 tivo lugar un altercado ás portas do bar Koxka, na localidade de Altsasu (Navarra), no que varios veciños da localidade, dous axentes da Garda Civil e as parellas destes. . O resultado foron dous detidos e un nocello, o do tenente, roto. En menos de 24 horas, Altsasu convértese nun televisor e o caso nun asunto de Estado. A quenda deste espectáculo prodúcese cando o Colectivo de Vítimas do Terrorismo no País Vasco denuncia os feitos ante a Audiencia Nacional, a pesar de que a instrución do caso xa estaba en curso nos xulgados de Navarra.

Galego

O galego, a mulata e o negro

Comedia baseada na peza teatral do gran dramaturgo, actor e historiador galego Gustavo Pernas Cora. 

Esta obra podería ser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos nos que diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba desde 1886 ata 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que mostran coas súas andanzas unha panorámica história en clave de humor.

Galego

JoeJufy, The Hunter

Tirabeque Ka’avo presenta JoeJufy, The Hunter. Un espectáculo de teatro contemporáneo que profunda no mundo da moda en occidente, facendo evidente a problemática das cadeas de produción, distribución, venda e consumo.

Un espectáculo cheo de simbolismos, desde o vestiario ata a escenografía, que logra unha estética limpa e cativadora como é caracterísitico no mundo da moda, todo isto arroupado pola elegante iluminación de .. Nacho Martín

Galego

O Rapto da Befana

A compañía Olivas Negras presenta unha comedia familiar de misterio con música en directo, acrobacia e loita escénica. Colombina está farta de traballar de sol a sol e pasar fame, así que lle pide axuda a Arlequín para raptar a bruxa Befana e ter asegurada deste xeito unha boa dose de larpeiradas. Ademais, pedirán cartos polo rescate, o que convence ao avaro Pantalone, que se suma á empresa, pero Pulcinella escoita o plan e xunto co Capitano comezan á súa vez unha busca da Befana para aproveitarse da situación.

Galego

Os Contos de William Shakespeare

Os contos de William Shakespeare fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. De este xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas autor:

  • “Romeo e Xulieta”contada con teatro de obxetos,
  • “Otelo” convertindo as personaxes da obra nunhas chamativas e coloridas letras e
  • “Hamlet”, contado en clave de comedia apartir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.

Para nenos e nenas a partir de 4 anos, público familiar.

Galego

El Alma de Valle Inclán

«Levo sobre o meu rostro cen máscaras de ficción que se suceden baixo o imperio mezquino dunha fatalidade sen transcendencia. Seica o meu verdadeiro xesto non se revelou aínda, seica non pode revelarse nunca baixo tantos veos acumulados día a día e tecidos por todas as miñas horas. Eu mesmo descoñézome e quizá estou condenado a descoñecerme sempre.

Galego

Un hotel de primeira sobre o río

Un hotel de primeira sobre o río, recibe o Premio Castelao en 1968 e desprega en tres actos a historia de Ruth, a protagonista, que vive nunha casa rodeada por leiras que ela traballa. Esta propiedade de titularidade compartida coa súa irmá que está emigrada en Europa, está afectada, ao igual que o resto da aldea e o val, por un proxecto urbanístico que pretende converter todo nun hotel cunha área recreativa.

Galego

Lope y sus Doroteas

Lope y sus Doroteas fala da vida e da morte, do amor e do celestineo, da sustitución xeracional, do labor creativo e do panorama cultural do XVII. Na obra están presentes relevantes personaxes na vida do dramaturgo: o duque de Sessa, o mozo Calderón, o rei Felipe IV, o enxeñeiro Cosimo Lotti, Juana de Gardo, sor Marcela de San Félix, Marta de Nevares e don Cristóbal Tenorio, pretendente da filla menor e suposto raptor. E é que, na casa madrileña do autor, vaise a montar a maior das comedias!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro