Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Aula de teatro

Queres representar unha obra teatral?. Aprende todo o que é preciso na aula de teatro da biblioteca:  técnicas de deshinibición, voz, expresión corporal ... e moitas cousas mais. Todo dun xeito lúdico, ameno e divertido

-Público adulto

-Data e hora: primeira sesión, martes  25 de outubro de 18:00 a 20:00 h (as seguintes sesións serán quincenais, de outubro a maio)

-Inscrición previa a partir del 18 de octubre

Galego

Os veciños do lado

María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar?

Fauna 113 presenta a súa nova comedia, unha historia hilarante e fresca coa que busca darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio.

Galego

Festival Internacional Galicreques 2022- Tolo

Un funcionario de baixo rango do goberno ucraíno, Aksenti Ivanovich Proprischin, vive o seu día a día entre a rutina do seu insignificante traballo e as súas ansias de máis, ata que acaba créndose o Rey de España. Frustracións que conducen a alucinacións. Prepárese para presenciar o seu deslizamiento gradual cara á tolemia. "Crazy" convídache a facer un percorrido polos escuros camiños da mente humana.

Galego

Papagena

Papagena (ButacaZero) é unha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción para analizar e re-escribir esta personaxe dende unha mirada actual e en base a dun dos maiores procesos de avance político-social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo.

Galego

Ñam!

A compañía Caramuxo, pioneira no teatro para bebés en Galicia, trae ao FalaRedes a súa coñecida peza Ñam! para nenos e nenas de un a seis anos e as súas familias. Con elas complementa o proxecto audiovisual homónimo presentado ao fondo TeCeRedes, que poderá verse proximamente no Portal da Lingua Galega.

Galego

O lobo e a lúa

A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para os máis pequenos da casa que foi galardoado co Premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. É unha peza tenra, divertida e chea de intriga que trata sobre a aceptación das diferenzas a través dunha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor. Ademais, introduce os espectadores de idades temperás nos contos tradicionais, nas cantigas, e na tradición oral.

Galego

Especies Lázaro

Despois de varias semanas de convivencia e unha enfermidade inesperada, a tripulación comeza a mostrar os seus prexuizos e as súas diferencias no marco de humores inestábeis debido ao fenómeno de “anteparite”, un síndrome que proban as persoas confinadas no mesmo lugar durante moito tempo. Ao tempo, en paralelo, en Xaneiro de 1596, o galeón San Jerónimo diríxese rumbo a Manila despois da súa fallida expedición ás illas Salomón, descubrimentos por Álvaro Mendaña en 1567.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro