Terceiro corpo
Unha oficina destartalada, a casa dunha parella, un bar e un consultorio médico. Diferentes sitios que se alternan nun mesmo espazo conxugando a vida de cinco personaxes. Úneos a soidade, a incomprensión e a necesidade de amar.
Cinco vidas, cinco desexos de amar, cinco acodes incapaces. Mentres tanto vívese, trabállase, téntase.
Medo a non ser, medo a que saiban quen son.
Medo e incapacidade.
A historia de querer e non saber que facer.
A historia dun intento absurdo.

