II Artiklown- Circ Obsolet
Se continúas escribindo cartas, se lembras números de teléfono ou se tes cintas VHS… “Circ obsolet” encantarache porque é un circo de aquilo vello, caduco e esquecido. Como os teléfonos fixos, as bailarinas flamencas enriba da televisión, as televisións mesmas, ou as cartas postais escritas a man. Unha oda a aqueles que o arranxarán todo para que as cousas continúen funcionando, a pesar da súa inutilidade.

