O soño da razón
Trátase de unir o título de Buero co cadro de Goya no que se inspirou: O soño da razón produce monstros. Pode haber algo, desgraciadamente, máis actual nestes momentos?. Contemplamos atónitos; avergoñados ante unha perda da razón; un desenfoque do pensamento; do pensamento racional; que fai da nosa sociedade un ser colectivo emboubado e soñoliento. Buero escribiuna no ano 1970.

