TOC: Unha terapia de choque
Unha historia baseada no guión cinematográfico do cal un grupo de pacientes con trastorno obsesivo compulsivo reúnense na sala de espera dunha consulta dun gran psicólogo.

Unha historia baseada no guión cinematográfico do cal un grupo de pacientes con trastorno obsesivo compulsivo reúnense na sala de espera dunha consulta dun gran psicólogo.
Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación extraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.
Unha muller toma a palabra e proclámase dona da súa liberdade. Manifesta, desafiante, non someterse ás regras da arte nin acatar mandatos dos seus iguais.
Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo, e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.
Mosca é un xogo de nenos, algo que pode converterse nun pesadelo.
A obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pero vese reflectido nos ollos da súa nai, do seu pai e da súa profesora en calquera instante da peza.
Cando Amalia volve ao seu pobo sempre aparece o mesmo soño: o río da súa xuventude, os berros ameazantes de guardinhas e carabineros, mulleres cruzando as frías augas cargadas de bultos, as cancións da súa nai, a alegría da súa amiga Rosa, os segredos da Basilisa, a envexosa da súa sogra, a Pelá –que tantas veces a denunciou–, o simpático Chiribique…
Amalia cóntanos a súa historia dende 1942 a 1964, cando xa viuva e con oito fillos emigra a Barcelona.
Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres.
Dirección de Gonçalo Guerreiro e María Torres.
Mércores e domingos ás 18:00 / Xoves, venres e sábados ás 20:00.
MOusy perdeu o seu balón vermello e decide ir buscalo. Cando chega ao parque, monta en todos os columpios, pero... atopará o seu balón?.
Dúas Actrices e un Actor trazan en escena o mapa de incendios provocados, ao longo dos últimos anos, nos bosques e montes de Galicia.
Na súa investigación, descobren dous sucesos que tiveron lugar na comarca coruñesa de Ordes, afastados no tempo, pero conectados entre si polo lume e o ritual: os estudos etnográficos do antropólogo danés Gustav Henningsen na década dos 60 e a ruta incendiaria dunha gandeira no verán de 2016.
O proxecto de escrita Bailar no ceo, da actriz e dramaturga
Ana Abad de Larriva, resultou gañador da segunda edición
da Bolsa de dramaturxia impulsada polo Centro Dramático
Galego (CDG) e diversos colectivos do sector teatral e
cultural galego. Ao abeiro da iniciativa, a autora recibirá
6000 euros para desenvolver un texto que será levado a
Centro Dramático Galego en colaboración co Instituto Camões no Ciclo Quintas do Camões.