Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cía D´es Tro: Poi

É a historia dun home rural atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida.

Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxectivo deste espectáculo de carácter contemporáneo.

Galego

Algún día todo será tuyo

No seu leito de morte a don Ramón Areces, dono de El Corte Inglés, mestúranselle os recordos da infancia coas súas andanzas en Cuba e as ofertas de Nadal que sonan pola megafonía da súa grande empresa.

Agoniado polo seu pasado, don Ramón Areces pasea polas súas lembranzas tratando de atopar o seu último anhelo, unha metáfora que lle faga xustiza á súa persoa.

Unha metáfora perfecta que resoe no enterro do suposto fundador de El Corte Inglés.

Galego

M.A.R.

Unha luz tintina dentro da casa. Empezou o día. Sobre a mesa, a man debuxa un sendeiro recto, logo curvo, graduado e finalmente trazos desordenados que cruzan a cidade enteira. Conclúe nun punto, o trazo acabou a súa viaxe. O ambiente é tan húmido que os peixes poderían entrar polas ventás. A casa vai, soa, coas velas cheas de vento.

Inspirada no teatro de obxectos, "M.A.R" explora a manipulación obxectual a través dun traballo coreográfico do corpo cos materiais de traballo; obxectos todos eles reunidos arredor  da construción dun espazo en concreto; un fogar.

Galego

The mountain

Só a Agrupación Señor Serrano pode combinar nun mesmo espectáculo o misterio non resolto da primeira expedición ao Everest, o pánico que xerou a emisión radiofónica d'A Guerra dos mundos de Orson Welles, un busto dixital falando de Vladimir Putin, xogadores de bádminton vestidos de inmaculado branco, unha web de noticias faltas, a ameaza dun dron sobrevoando o público e unha maqueta dun pobo americano. The mountain, o último proxecto dunha das compañías catalás con máis renome internacional, é unha abraiante rede de imaxes para reflexionar sobre qué quere dicir a verdade sen dogmatismos e c

Galego

Malnacido

Na provincia de Ourense, no ano1.852: Manuel Branco Romasanta é un asasino en serie que deu morte polo menos a trece persoas. Durante o seu xuízo, Romasanta narra a historia da súa vida na que sufriu malos tratos e vexacións pola súa condición natural e alega que os crimes non foron executados por el senón por un lobo que habita nos seus adentros.
A análise do caso, case dous séculos despois, traslada o problema á actualidade desde o punto de vista social e expón tres preguntas.
-    ¿A sociedade é culpable de crear homes lobo?

Galego

El beso de la mujer araña

¿Que é ser home?
No cárcere, Molina e Valentín son compañeiros de cela. Molina, é unha muller nun corpo de home, encerrado por seducir a un menor. Valentín é un activista político, que quere cambiar o mundo torturado durante os interrogatorios. Para escapar da realidade, Molina evoca películas antigas, a través das cales nun proceso de identificación cos seus protagonistas e secundarios, reflexionan sobre a súa propia vida e a súa identidade política e sexual. Un combate interior con moitas feridas abertas e unha pantera que non deixa de ruxir.

Galego

Una noche sin luna

"Una noche sin luna" é unha peza conmovedora e sorprendente que nos fala de Lorca desde unha sensibilidade do século XXI, coma se o propio Federico estivese hoxe aquí entre nós.

"Una noche sin luna" é unha obra na que nos achegamos aos aspectos menos coñecidos da vida e a obra de Federico García Lorca. A viaxe que expón a función non é unha viaxe arqueolóxica senón unha forma de coñecer a través da súa obra a nosa propia realidade. Desta maneira a obra convértese nunha peza viva, atrevida e dinámica na que a palabra de Lorca, a súa vida e o seu mundo, serven de espello do noso.

Galego

Contos Arraianos

"Arrainaos" é unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen, fan reflexionar, e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, a dupla moral, a miseria, a conciencia e a grandeza de alma e de vida. Universos habitados por personaxes misteriosos a través de tempos e momentos históricos diferentes. Imaxes de tal potencia que nos fan sentir o aire xélido das serras, a atmosfera máxica dos corredores, o desacougante silencio.

Galego

III Festival de Poesía: Imos ter máis que palabras

Arte e poesía explícita en Ourense. É unha noite de poesía, unha noite de arte sen complexos, unha noite de poesía de portas abertas, de luz e tamén de xogos de sombras chineses. 

Cada poeta un planeta e cada poema unha entrada ao seu mundo. 

Unha noite de poesía nun teatro marabilloso, convertida nunha galaxia de mundos, de poesía para ser habitada. 
Nesta terceira edición, sobre todo, seguimos apostando polo talento da cidade e mesturado; a poesía máis lírica coa poesía en verso libre 

Galego

Villa y Marte

Unha nave espacial viaxa a Marte para colonizar o planeta vermello. Pero o capitán e o seu androide Trasto descubrirán que o planeta xa está habitado cando chegan a cidade de Martid, donde os veciños mutantes celebran unha verbena popular castiza ante os alieníxenas terrestres.

Para colmo de males, o capitán enamorase de unha chulapa marciana postiñeira de ollos hechiceiros (oito en concreto) e pretende fuxir con ela rumbo a Venus… Villa y Marte é a reinvención do xénero chico en clave ronlalera: humor, música en directo, teatro… e chotis.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro