Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Little Neno descobre… Os Rolling

Cando Little Neno queda durmido sempre acontecen cousas estrañas, pero estrañas de verdade...

Tras descubrir o mundo dos Beatles chega a nova aventura de Little Neno e o seu oso Renato. Nesta ocasión, os nosos amigos espertan nunha cidade de cor rubí. Alí coñecen a Mick, un mozo que quere pintalo todo de negro. Tamén a Little Neno e Renato. Convertido nun mono xigante, Mick perseguiraos por esa extraña cidade habitada polos Rolling Stones e as súas cancións.

Galego

El soldadito de plomo

El Soldadito de Plomo non é un conto convencional. É unha parábola da vida levada ao mundo candoroso e infantil dos xoguetes. Por iso o seu protagonista, un soldadito cunha soa perna, non só está dotado do carácter e o temperamento que ten que ter un soldado; posúe ademais un corazón tenro e excesivamente romántico, que lle confire en cada pulsación, o valor suficiente para enfrontar as adversidades do destino. Como bo soldado e insigne cabaleiro, nunca se lamentará das súas desventuras e enfrontará os perigos co ímpeto e a fortaleza dun nobre guerreiro.

Galego

Coliño

Coliño

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia, pensada por e para as familias.

COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.

O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura...cargado de seguridade e amor.

COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.

Galego

Arte sen guión

A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século.

Galego

A música non amansa ás bestas

A música non amansa ás bestas permítenos acompañar a procura creativa, dun compositor, obsesionado coa música. Movido pola súa obsesión, fai un  experimento social, baseado na famosa frase: “A música amansa ás bestas”, pertencente ao personaxe mitolóxico de Orfeo. Desta personaxe, se dicía que posuía un canto e unha forma de tocar a lira, que podía amansar ás bestas máis salvaxes.

Galego

Musical Encanto Hablemos de Bruno

A historia de Mirabel e a súa fantástica familia, que viven nunha máxica casiña. Esta maxia dotou a todos os membros da familia dun don único, dende a superforza ata o poder de curar. A todos, menos a Mirabel.

Cando ela descobre que a maxia que a rodea está en perigo, e reencóntrase co seu tio Bruno, xuntos son a última esperanza de salvación para a súa extraordinaria familia.

Goza dunha colorida posta en escea, temas musicais e xuntos coñeceremos os valores que representan cada un dos membros da familia Madrigal.

Galego

Musical Tributo a Coco

Miguel é un neno que soña con ser músico, pero a súa familia prohíbello porque o seu tataravó, músico, abandonoulles, e queren obrigar a Miguel a ser zapateiro, como todos os membros da familia.

Por accidente, Miguel entra na Terra dos Mortos, de onde só poderá saír se un familiar defunto concédelle a súa bendición, pero a súa tataravoa négase a deixalo volver cos vivos se non promete que non será músico. Debido a iso, Miguel escapa dela e empeza a buscar ao seu tataravó.

Galego

La mejor obra de la historia

De novo sen palabras e co humor como instrumento para chegar a toda a familia, SPASMO móstranos algunhas das obras de arte máis relevantes da historia, os seus autores, datos e curiosidades acerca delas.

Neste percorrido cultural, adentrarémonos polos museos máis significativos do mundo e as súas obras de arte.

Un espectáculo visual e futurista polo seu formato dixital que nos lembra ás aplicacións móbiles destinado aos máis pequenos. Nel combínanse artes escénicas e plásticas cunha gran compoñente didáctica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro