Apuntamentos para un magnicidio
En plena campaña electoral, o alcalde Fulgencio Pacheco promete construír mil vivendas sociais nun dos barrios máis deprimidos da cidade.
Antes de terminar o primeiro edificio derrúbase causando a morte de tres obreiros africanos sen papeis. Co fin de ocultar tal fatal accidente, o alcalde decide levantar unha pista de skateboard no lugar onde permanecen sepultados ante a resistencia do xefe de obra que reclama xustiza para os seus homes e négase a que sexan esquecidos.

