Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Castelao

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Galego

Orgasmos, la comedia

"Orgasmos, a comedia" é unha comedia de éxito que atraeu a máis de 250.000 espectadores e programadas durante máis de 5 anos en grandes cidades como Madrid e Barcelona, no Teatro Gran Vía e Club Capitol, respectivamente. Empezamos ao xira por España este ano, Non vola podedes perder!

Galego

Amigos ata a morte

Amigos ata a morte, a obra de teatro, verá a luz no cinema este 2023 ano baixo a dirección de Javier Veiga. A repartición da película subirase ao Teatro Colón para un evento especial e único no EMHU, coa proxección da película, unha pequena actuación e un coloquio cos artistas da película. Capitaneados por Javier Veiga, poderemos velo a el, Marta Hazas, David Amor, Xosé A. Touriñán e Xoel López contando as desventuras de Nacho, Anxo e María. Un espectáculo de teatro único para un festival especial.

Galego

ELA

‘ELA’ é unha proposta de Caramuxo teatro para cativos a partir de 6 anos. ‘Ela’ crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. unha mestura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. Un poema plástico para aprender no teatro.

Galego

Códice-K

Un día de verán, entre o 30 de xuño e o 5 de xullo de 2011, o Códice Calixtino desaparece do seu lugar de exhibición no Museo da Catedral de Santiago. Desde ese momento, e ata aproximadamente un ano despois da súa recuperación, púidose seguir a peripecia polas informacións puntuais que ían aparecendo nos distintos medios de comunicación. Finalmente soubemos que Manuel Castiñeiras, electricista e xefe de mantemento da catedral, foi o autor do roubo. E xa está. Esa é a historia oficial.

Galego

Leira Baleira

Un territorio sen homes e sen mulleres non é sustentable. Degrádase irremisiblemente e perdemos todos. "Soarán as campás desde os campanarios e os campos desertos volverán a granar unhas espigas altas dispostas para o pan"

Galego

De marzo a marzo

A obra sitúase cincuenta anos despois dos sucesos do 10 de marzo do 72 en Ferrol e compara aqueles momentos cos desafíos da realidade actual a través dos seus personaxes representados por un elenco de dez actores e actrices. O texto, comprometido e testemuñal, de Carlos Castrillón e Cristina Mariño, tamén directora, mestura a visión tráxica con dose de comedia nun intenso exercicio de memoria colectiva.

Galego

Que traballo tan curioso!

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado, 4 de marzo ás 19:00 horas, a representación da obra de teatro científico ‘Que traballo tan curioso!’, unha creación dirixida a público infantil, da Unidade de Cultura Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia. A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza esta obra como investigadora, convidando o público a que adiviñe cal é a súa profesión. A obra encádrase no proxecto 'Ciudad Ciencia'.

Galego

Ménage à Trois

Ménage à Trois todo o que che gustaría saber sobre o sexo e algunhas cositas máis.
Despois do éxito da comedia A ansiedade non mata, pero fatiga, o actor Rafa Branca, a psicóloga Patri Psicóloga e o científico e divulgador Pere Estupinyà, únense  nun novo espectáculo didáctico, divertido e picante: Ménage à trois

Galego

Flores de ferro

O guión teatral, baseado na novela de María Rei Vilas Flores de ferro, móstranos en primeira persoa as vivencias dunha moza (Camila) que a finais dos anos oitenta vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar á súa aldea materna. Unha vez alí, as circunstancias levarana a coñecer de primeira man a verdadeira historia da súa familia e, por tanto, a súa. Unha historia descoñecida ata ese intre para ela pero da que xa non poderá escapar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro