Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A nai

A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.

Galego

Arte sen guión

A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século. Arte sen guión é unha peza teatral excepcionalmente divertida baseada na improvisación e no teatro cómico e onde o público ten un papel moi importante.

Galego

As minas do Rei Salomón

A nova peza de Teatro Ghazafelhos parodia as películas de aventuras en África producidas en Hollywood na década dos 50. Quatermain, un cazador contratado por un magnate estadounidense debe atopar as lendarias minas do rei Salomón e para iso emprende unha viaxe na que non faltarán os avións de hélices, as loitas con feras e o encontro co mismísimo Tarzán. Unha divertida proposta chea de sorpresas que convida ao público a reflexionar sobre a preservación do medio e a vida.
 

Galego

Nino & Mambrú

Fortemente inspirados polos grandes dúos da historia da comedia -como Laurel and Hardy e o humor físico de Buster Keaton e Charlie Chaplin- Nino & Mambrú preséntanos un espectáculo de media máscara, inscrito nas veas do teatro físico, a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público, que converxen para crear unha obra de público familiar. Tamén, como elemento sorpresivo, a obra preséntanos a Ada, personaxe cómplice que nos serve para darlle unha volta á estructura clásica da persoa voluntaria que sae a escena.

 

Galego

Elisa & Marcela

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga coñecéronse e namoráronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal de mestras da Coruña. Despois, empezaron a traballar en distintas escolas de varios Concellos da zona pero sempre tentando estar o máis preto posible para poder vivir xuntas. En 1901 Elisa viaxa á Coruña, córtase o pelo, vístese con roupa de home e déixase crecer o bigote para finxir que é un home. Finalmente o 8 de xuño casan e é cando comeza o pesadelo.

Galego

Tarzán, o musical

A primeira tradución e adaptación ao galego da novela Tarzán dous monos de Edgar Rice Burrouhs volve a Vigo para cativar  a atención de todos os públicos. Un musical convertido nunha festa, unha diversión para toda a familia.

A función conta con moito humor, bailes e cancións para conseguir que o público senta parte integrante desta gran familia de monos, patos, gorilas, crocodilos e exploradores.

Galego

Lerele

Lerele é un teatro musical en homenaxe a unha das máis grandes artistas de todos os tempos, Lola Flores. A bailaora e cantante española é coñecida en todo o mundo pola súa imaxe única do folclore andaluz, pola súa indubidable liberdade e por algúns dos seus éxitos como Á túa beira, Pena Penita e Esmola de amores.

A actriz viguesa Cecilia Vázquez  protagoniza a obra teatral e honra con orgullo e amor polo flamenco á soada Lola Flores. Por outra banda, Ana Contreras é a encargada da dirección e Pablo Nova da música.

Galego

Heredarás o cosmos (Análise pormenorizado dunha foto)

Non sei exactamente cando comezou realmente a explosión do capitalismo contemporáneo, ese que en pouco tempo logrou esquilmar practicamente todo o planeta, sei que non fai tanto, e que todo o que sucede a nivel global é froito ou consecuencia da única lei que reina no mundo e que non é outra que o crecemento exponencial da riqueza en mans das elites. Miro as fotos da miña infancia e creo entendelo.

Galego

Pequenas mentiras para contar grandes verdades

Eva é protagonista da peza Eroski Paraíso do grupo Chévere. Son personaxes (de mentira) baseados en persoas colectivas (de verdade). Pero Eva non está a ser ela mesma: está a actuar de si mesma nunha historia da que forma parte, pero que tampouco é a súa. Ser actriz é funcionar como Eva, e tantas outras mulleres, que moitas veces actúan como subalternas. Son outras falando a través delas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro