Sexpiertos
Din que o corazón de Ana é un dormitorio baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Isto pasou fai tres anos, pero viaxando ao pasado, viviremos no presente o que nos veñan a contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo algún as súas vivencias afectivo sexuais para demostrar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións.

