Heredarás o cosmos (Análise pormenorizado dunha foto)
Non sei exactamente cando comezou realmente a explosión do capitalismo contemporáneo, ese que en pouco tempo logrou esquilmar practicamente todo o planeta, sei que non fai tanto, e que todo o que sucede a nivel global é froito ou consecuencia da única lei que reina no mundo e que non é outra que o crecemento exponencial da riqueza en mans das elites. Miro as fotos da miña infancia e creo entendelo.

