A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño
Pasaron 350 anos desde que Gabriel Feixóo de Araúxo escribise en 1671 A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre da pesca do río Miño. 350 anos e o río segue correndo, separando, ou unindo Galicia e Portugal. A peza fala dun tempo e un lugar concreto pero a súa esencia é universal e percorre a historia: as fronteiras, a loita polos recursos e a loita de clases.Nesta historia hai disputa polo dereito a pescar. Hai peixe que non entende de fronteiras e pace onde máis lle presta sen pastor que o guíe.

