Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Un saco de contos

UN SACO DE CONTOS é un espectáculo de narración oral composto por unha selección variada de contos con temática variada adaptable ao público infantil de distintas idades.

Os contos contados nesta sesión saen dun saco máxico cargado de historias que, libremente, vai regalando a cambio de recitados, trabalinguas, cantos, adiviñas...

Galego

As fames contadas

AS FAMES CONTADAS é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral. O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer se non outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos. Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.

Galego

O reiciño de Galiza

Obra tasladada á banda deseñada da man de Demo Editorial, perante adaptación de inacio Vilariño e Iván Suárez, que trae aos nosos días un relato épico e poético que recuperou no seu momento a tradición medievalista dos autores románticos. 

Partindo dun enfoque multidisciplinar proxectarase o documental García de Galiza. O fillo da traizón, dirixido por Manel Cráneo. 

Galego

Roleta Mortis

Roleta Mortis é unha obra realizada pola aula de teatro da Universidade do Minho dirixida por Ricardo Pinho. A peza esta baseada no libro Crimes Exemplares de Max Aub. Uns acontecementos que levarán ao escenario cinco estudantes de artes escénicas desta universidade.

Galego

As cidades agochadas

As cidades agochadas é unha obra do grupo de teatro Maricastaña da aula de Teatro Universitaria do campus de Ourense. Trátase dunha peza que asegura ser un espectáculo performativo, baseado no movemento e na creación actoral de espazos imaxinados. A obra está dirixida por Fernando Dacosta e inspirada na obra As cidades invisibles de Italo Calvino.

O elenco da obra está formado por Gonzalo Otero, Eva Garcia, Tatiana Gonzalez, Marcos Lamba, Marisol Amoeiro, Conchi Gonzalez, Lola Fernandez, Carmen Blanco, Miguel Estevez, Iria Losada, Iven Iglesias, Candela Opeixe e Nataia Feijoo.

Galego

O furancho

Ibuprofeno Teatro trae ao FalaRedes unha proposta hilarante e agroglamourosa para público adolescente e adulto. Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, está protagonizada polas actrices Marián Bañobre e Isabel Risco. A peza O furancho chegará este verán a sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

As aventuras de Mariña

Contacontos e teatro de monicreques a cargo de Galeatro

Mariña é unha nena á que lle encanta coñecer historias sobre o mar e sobre os habitantes mariños. A loita contra a contaminación, a amizade e o respecto son temas que están presentes en As aventuras de Mariña.

Unha sesión de contos que combina a narración oral e o teatro de monicreques.

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos (Familiar)

Duración: 40 minutos.

Salón de actos

Galego

Los imperfectos

Nacemos para ser felices, non para ser perfectos. Todos somos imperfectos e por iso adóitannos pasar certas cousas. Pero cando se xuntan dous cegos, un xordo, un mudo e outros personaxes, calquera cousa pode pasar. Seis persoas que, coas súas imperfeccións, torpezas, confusións, mentiras, suposicións, máis a súa propia vergoña por non sentirse igual aos demais, levarán a estas persoas imperfectas a vivir unha comedia perfecta para rirse.

Galego

A orquestra dos paxaros

A orquestra dous paxaros é unha peza teatral en tres actos que, da man dun profesor de Química, pon no escenario a procura dun tratamento  químico limpo para descompoñer as bolsas de plástico que tanto emporcallan os mares, praias, campos e cidades do mundo.

O contrapunto á acción do cientifico e a parte poética da peza ofrecerana unha parella de noivos que achegará a súa visión para poñer freo á contaminacion que está a sufrir o planeta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro