Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ménage à Trois

Ménage à Trois todo o que che gustaría saber sobre o sexo e algunhas cositas máis.
Despois do éxito da comedia A ansiedade non mata, pero fatiga, o actor Rafa Branca, a psicóloga Patri Psicóloga e o científico e divulgador Pere Estupinyà, únense  nun novo espectáculo didáctico, divertido e picante: Ménage à trois

Galego

Flores de ferro

O guión teatral, baseado na novela de María Rei Vilas Flores de ferro, móstranos en primeira persoa as vivencias dunha moza (Camila) que a finais dos anos oitenta vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar á súa aldea materna. Unha vez alí, as circunstancias levarana a coñecer de primeira man a verdadeira historia da súa familia e, por tanto, a súa. Unha historia descoñecida ata ese intre para ela pero da que xa non poderá escapar.

Galego

Apuntamentos para un magnicidio

En plena campaña electoral, o alcalde Fulgencio Pacheco promete construír mil vivendas sociais nun dos barrios máis deprimidos da cidade. 

Antes de terminar o primeiro edificio derrúbase causando a morte de tres obreiros africanos sen papeis. Co fin de ocultar tal fatal accidente, o alcalde decide levantar unha pista de skateboard no lugar onde permanecen sepultados ante a resistencia do xefe de obra que reclama xustiza para os seus homes e négase a que sexan esquecidos.

Galego

Sopla

Sopla! cabalga sobre un ritmo trepidante no que unha gran variedade de técnicas de circo mestúrase coa música en directo e o humor sen palabras máis fresco. Sopla! é un espectáculo coral que sitúa aos personaxes a maior parte do tempo en escena, dando pé a novas combinacións entre técnicas e artistas.

Galego

Entra en escena

Entra en escena  é un espectáculo de luces e sombras. Un percorrido de microteatro con catro pezas onde o espectador verá un reflexo de si mesmo en catro personaxes que loitan contra a opresión.
Loita, vinganza, resignación e evasión son os catro puntos crave ao redor dos que vira esta experiencia teatral.

Galego

Señora de rojo sobre fondo gris

Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que era todo para el, practicamente non puido volver pintar.

Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesas datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade da súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida do seu pai, que tamén agora revive.

Galego

Zapatos

Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

Todos os días chegan a un recuncho dun escondido xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha chea de zapatos de todos os tamaños e cores.

Unha moza é a encargada de coidalos, de dárles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

Zapatos narra todas as historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

O Enredo

Unha parella espera o seu primeiro fillo. Para festexar o feliz acontecemento son convidados a cear na casa da súa irmá e cuñado. Tamén asistirá un amigo común da infancia. Mentres agardan a chegada da embarazada, desvélase cal é o nome elixido para o seu futuro fillo. O desafortunado da elección desencadea toda una restra de rifas, recriminacións e ataques mutuos que acaban por converter a cea nunha auténtica batalla campal. Todo baixo a indiscreta presenza da veciña fisgona.

Galego

Fazulas e o ladrón do Paraugas

Fazulas e o ladrón de paraugas é o espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea. O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

Galego

ReVolta

Os primeiros prehistoriadores, que eran só homes, pensaban que nesa época sucedía o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que as mulleres eran inferiores aos homes. A peza é unha viaxe que cuestiona a nosa aprendizaxe deténdose nas iconas máis representativas para sometelos ás últimas teorías sobre a evolución humana ou arroxar luz sobre os episodios máis escuros da nosa historia. A través de escenas delirantes, as últimas achegas históricas que nos devolven a visión machista que nos contaron.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro