Convertiste mi luto en danza
Laura Gómez-Lacueva, Ingrid Magrinyá e Inma Nieto realizan un espléndido traballo actoral para narrar unha historia triste, a de un diagnóstico inesperado que bota polo chan a vida cotiá de dúas mulleres con personalidades moi diferentes pero que asoman ao mesmo abismo. O seu autor, Eusebio Calonge, trata da busca da alegría no medio desta viaxe sen retorno. A dirección corre a cargo de Paco de la Zaranda.

