Nadal no Gaiás 2021: Os trasnos do Nadal
A Biblioteca de Galicia trae para estas datas especiais de decembro, sobre todo para a cativada, un animado cabaré centrado na temática de Nadal, con 7 elfos en escena. A escenografía da obra Os trasnos do Nadal recrea un teatriño onde os elfos do Polo Norte contarán como é a súa vida ao longo de todo o ano en Laponia, axudando a Papá Noel, e como terán que facer para solucionar un despiste do Reno Rodolfo que os deixou esquecidos na Cidade da Cultura de Galicia.

