Casting
Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine “erótico” e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus personaxes femininos estereotipo chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Unha comedia agridoce para chorar, rir, ou chorar coa risa.

