Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Caos

Caos, na mitoloxía grega, é o primeiro deus primordial, a máis vella das formas de consciencia divina. O abismo, o baleiro, o nada e a explosión que orixinou o universo. Foi aquí que todo comezou, mergullamos na cosmogonía, entropía e na maxia do Caos. Unha nova xeración do CITAC tira partido desta forza catabólica que xera por medio da escisión para crear algo novo, vibrante e único.

Galego

Emigrados

Unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que desde o tratamento específico da migración, do retorno, do desarraigamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón leste outra maneira de exilio. Un drama social trasladado desde fóra do queixume, desde a axilidade da linguaxe contemporánea, desde a ironía e sobre todo desde a proximidade, do achegamento ao público contemporáneo, desde o punto de vista da conciencia colectiva.

Galego

Nosa Señora das Nubes

Nesta peza de teatro o autor trata fundamentalmente dous temas: a memoria e o exilio. Esta peza arrinca co encontro duns exiliados nun espazo e tempo indeterminado. A partir de aí van reconstruíndo o seu pasado, lembrando os feitos que aconteceron no pobo do que son orixinarios: A nosa Señora das Nubes.

Galego

O Parke do Crepúskulo

Diversas persoas baixo o mesmo teito ilegal: unha que traballaba nunha empresa de desafiuzamento, outra que ten un hospital de obxectos perdidos para a sociedade, unha pintora amadora idealista que cre no decrecemento, unha doctoranda que debe acabar a súa tese sen un can, unha que escribe desde a atalaia da cultura que ninguén comprende. Todas se xuntan nunha casa abandonada preto do parque do crepúsculo, á beira do cemiterio. O que fan non é legal, okupar a casa, e, ao tempo, é de xustiza para as súas vidas e a súa maneira de pensar.

Galego

O premio

O argumento desta obra parte de que nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións mergulle ao país na «crise ao cubo» aos dirixentes do estado ocórreselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida. Concretamente, fará viaxar aos actores e á súa audiencia trinta anos no tempo, aterrando en 2050.

Galego

Hoy puede ser mi gran noche

Teatro en albas caracterízase por crear obras que se debaten entre a realidade e a ficción. «Hoxe pode ser a miña gran noite» é unha delas. É unha festa teatral, un monólogo cómico e musical que relata a historia dun cantante de orquestra na Galicia dos 90 e a súa filla, cuxa máxima aspiración é ser como o seu pai. A obra quere mostrar a relación entre o que quixemos ser de pequenos e o que en realidade somos na actualidade.

Galego

Man Up

Con este novo espectáculo búscase desenmascarar o relato tradicional da masculinidade e os seus referentes a través da ironía, a irreverencia e o humor absurdo. É por iso que, nun momento no que os códigos masculinos tradicionais quedaron obsoletos e os novos están aínda por elaborar, «Man Up» cuestiona as suposicións culturais sobre que significa ser un home e crea lugar desde o que imaxinar novas maneiras de selo.

Galego

Tabú

A apariencia coma posibilidade de futuro.
Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruce entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.

Galego

A farsa das zocas

A farsa das zocas (1948), unha proposta teatral innovadora A farsa das zocas, escrita por Ricardo Carvalho Calero en 1948, está inspirada nun conto popular recollido en San Sadurniño. Con este material, o noso polifacético escritor estruturou unha obra teatral en dous actos que, malia a súa temática propia da tradición narrativa popular e oral, resulta moi innovadora na súa concepción escénica. É así non só pola forma de integrar os espectadores no teatro, senón tamén pola forma de se relacionaren os personaxes entre si.

Galego

Na casa

Unhas poucas casas poden ser unha aldea, moitas casas poden ser unha cidade. A nosa casa naceu nunha aldea que agora é unha cidade. Ahí está a nosa casa arrodeada de outras casas. É de madeira ten xardín e dálle moito o sol. Antes non tiñamos veciños pero pouco a pouco foron chegando Hortensia a florista, que ten unha casa que ule moi ben, Telmo o veciño equilibrista, Arabela que é cantante de ópera, o señor Antón que é un vello mariñeiro… e a nosa amiga Rita a gata de Marcelina, que ven de visita a hora da merenda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro