Rastros
A obra teatral “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 31/07/1950-11/09/2002) estreouse na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa o 19 de marzo de 1998 nunha representación que estivo a cargo da compañía Teatro do Aquí.

A obra teatral “Rastros” de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 31/07/1950-11/09/2002) estreouse na Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa o 19 de marzo de 1998 nunha representación que estivo a cargo da compañía Teatro do Aquí.
Tras 25 anos abordando textos do teatro clásico universal, Atalaia trata de provocar con Elektra.25 sensacións que non pode experimentar en ningún evento da vida cotiá. O coro é quen marca, durante a práctica totalidade da obra, o ritmo e o ton emocional, os cánticos étnicos e as coreografías adquiren unha potencia por encima dos propios personaxes.
O POZO DAS SEÑORAS
É un feixe de historias de recollida, tradicionais e de autor xunto con coplas tradicionais, romances e composicións propias.
Con esta proposta queremos achegarnos ás mulleres do noso imaxinario, da nosa vida: lavandeiras da noite, lavandeiras de oficio e de sacrificio, pieiras que coidan dos lobos e bruxas cos dentes de ferro...
Cun marcado compoñente de xénero este espectáculo leva rodando dende 2017 por teatros, auditorios, casas da cultura, lavadoiros, fontes de todo o país.
E grazas a vós non paramos de recoller alegrías!
Dirixida por Tomás Padilla e co respaldo da produtora de musicais máis lonxeva do noso país, Theatre Properties, chega a Pontevedra a mellor produción de teatro musical desta tempada en España: Romeo e Julieta, Un Amor Inmortal. Unha impactante escenografía, 250 traxes de época, unha produción ao máis estilo Broadway e interpretada polos mellores artistas nacionais, que che transportará ao século XVI de William Shakespeare... amor, odio, vinganza e traxedia cun ritmo trepidante e intenso, e unha partitura completamente orixinal que che acariñará a alma.
Conta a lenda que Lucifer, mestre de cerimonias, ofrece aos humanos unha noite de excesos, luxuria e pracer a cambio da súa alma.
Bacanal é un show único, irreverente e sensual, que chega para avivar os instintos máis básicos do ser humano, os seus desexos máis ocultos e dar renda solta aos praceres máis carnais.
Lucifer, artífice deste festín, ofrece aos seres humanos, ávidos dunha noite de frenesí e luxuria, unha gran orxía de sensacións que non entende de límites nin regras.
Fariña conta a historia das últimas décadas de Galicia e de como foi posible que mentres unha xeración de mozos e mozas perdía a súa vida no labirinto da droga, unha serie de persoas vía crecer de maneira exponencial a súa poder económico a través dunha actividade ilícita como é o narcotráfico, utilizando para iso as vías establecidas para o tráfico de tabaco.
Mercado de amores é unha comedia protagonizada por Pablo Carbonell e Victor Ullate Roche e escrita por Eduardo Galán a partir da fusión de tres obras orixinais de Plauto: O mercador, Cásina e A comedia dos asnos.
CARBÓN é unha charla de divulgación científica lixeiramente teatralizada e combinada con monólogos de humor. Unha idea de Xurxo Mariño (neurocientífico e divulgador) e Oswaldo Digón (actor e humorista) que ten como obxectivo transmitir a todo tipo de público algúns conceptos científicos e humanísticos, dunha maneira atractiva, relaxada e tamén divertida.
Na antiga cidade de Londres, certo día de outono do segundo cuarto do século XVI, naceu un neno nunha familia pobre, moi pobre, apellidada Canty. Aquel mesmo día naceu outro neno inglés nunha rica familia apellidada Tudor Era a familia Real!
Aqueles dous nenos eran semellantes en aspecto como dúas pingas de auga. O azar quixo que un día as súas vidas viñesen xuntarse. E a cruzarse Tom cambiaría os seus farrapos por mantos reais, e Eduardo baixaría ás escuridades de Offal Court, ou patio das piltrafas.
Poucas veces unha metáfora conseguiu reflectir con tanta forza a realidade dun momento como o fixo Buero Vallejo con esta obra. Aclamada tanto pola crítica como polo público, a historia destes veciños, chea de soños e anhelos, conquistou a todas as xeracións posteriores. Porque ás veces as mellores leccións de historia poden caber no oco dunha escaleira.