Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Morte accidental dun anarquista

Milán, 1969. Un anarquista falece tras caer pola ventá dunha comisaría na que está sendo interrogado pola policía. En plena investigación xudicial dos feitos, a aparición en dita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará darlle a volta ás indagacións e descubrir a verdade. Cunha sátira implacable chea de humor, Dario Fo pon en evidencia a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represora, así como o importante papel dos medios de comunicación na súa busca da noticia e do “escándalo”.

Galego

Guerra de identidade

Obsesionada coa figura ausente e controvertida do pai, deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns, unha muller, metade galega, e metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer a súa familia. Facendo o espectador cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo, que danza entre guerras históricas e conflictos individuais, dá conta da batalla na procura de si mesma, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, e a memoria persoal e colectiva.

Galego

La ciudad de las damas

Dayana é unha muller emigrante que vive en España desde hai algúns anos. Dayana non consegue escapar dos tópicos cos que se relaciona a unha persoa emigrante, tampouco dos que se relacionan co seu xénero.

Sentiu a necesidade de atopar algunha explicación para que nunha sociedade da europa do século XXI, arrastrase tantos prexuízos respecto ao ambas condicións.

Galego

Esas cousas marabillosas

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando... mamá está no hospital: "Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Galego

Molly Bloom

En 1980 Magüi Mira encarnou a Molly Bloom, mítico personaxe da novela de James Joyce, un dos grandes textos literarios do século XX, e namorou ao público e á crítica. Molly vive unha noite de insomnio. O seu pensamento voa sen filtros ata os seus máis profundos desexos, ás veces escandalosos. Molly desvélanos a súa paixón pola vida, a súa relación co sexo, os seus principios femininos. Molly, segura de si mesma, goza da vida que vive e da vida que imaxina.

Galego

MEMO

Somos memoria: sensorial, emocional, semántica e, tamén, selectiva. Percibimos, sentimos, procesamos, repetimos, reproducimos, comunicamos pero tamén manipulamos e esquecemos.
Somos o último paso coñecido do mamífero, o seu teito. Non só nos criamos con leite, mamamos memoria. E memoria damos de mamar.

Galego

Illas desertas

Illas desertas válese das experiencias e reflexións de dúas dos grandes fracasos da historia, a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición antártica do explorador Ernest Shackleton. Toda a obra está bañada pola súa transmisión cultural, polo seu camiño vital cara á utilidade desas cousas inútiles.

Galego

A función que sae mal

A comedia máis divertida xamais vista en Broadway!

Gañador do Premio Olivier a mellor comedia, este espectáculo é unha mestura entre Monty Python e Sherlock Holmes. A FUNCIÓN QUE SAE MAL preséntanos a un grupo de teatro amateur na estrea da súa obra de misterio na que, como o propio título suxire, todo o que pode saír mal, sae peor!

Os actores propensos aos accidentes loitan contra todas as adversidades ata a baixada final do pano, cunhas consecuencias divertidísimas e que logran que calquera estale da risa.

Galego

30 anos de éxitos

Unha mirada desde o corpo á traxectoria artística e persoal de dúas persoas que colocaron o corpo nunha posición central das súas vidas. Dúas bailarinas, Mercedes Recacha e Viaviane Calvitti, con máis de 30 anos de experiencia sobre os escenarios. E unha mirada cara ao propio corpo hoxe en día.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro