Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sonámbulo

SONÁMBULO é unha viaxe onírica, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde viviremos o universo dun bufón rosmón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña?

Antón Coucheiro presenta un espectáculo de rúa sen palabras, clown, teatro físico, efectos máxicos, nunha comedia visual na que a participación do público resulta fundamental.

Galego

SEMENTE. O home que plantaba árbores

Elenco: Mercedes Castro

"A terra non é miña, eu son da terra"

A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

Galego

Saaabor!

Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. 

Galego

Unha de piratas

Os nosos Piratas desembarcan en busca de nova tripulación para ou seu barco , son algo brabucons e mostran todas as súas habilidades, pero todo aquel neno ou meniña , pai ou nai , que sexa capaz de pasar as probas con eles , terán a sorte de poder embarcar non seu barco e sucas vos sete mares.

Espectáculo para todos vos públicos , non que se mostran diferentes habilidades cicrcenses , e unha constante interacción co público .

Elenco: Marcos Bejarano e Jonathan Valencia

Galego

Os nenos da varíola

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Galego

Pompeiras

Animadoras caracterizadas de fantasía con saias feitas de globos, farán unha nube de pompas de xabón, enchendo as rúas de ledicia multicor, onde os nenos e nenas poderán xogar con elas.

Unha divertida e vistosa animación chea de maxia e ilusión.

Galego

Os contos do avó, lendas e historias de Galicia

Paixón pola nosa terra, a nosa xente e en especial os nosos cativos. Iso é o que sente este adorable avoiño ó transmitir de boca en boca, como se facía antano, as máis incríbles lendas e historias que brotan da nosa terra galega.

De norte a sur, de leste a oeste  a súa maleta repleta de agarimo acompaña ó seu caldeiro de  bo humor  para arrincar un sorriso cheo de bondade.

Elenco: David Merelas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro