Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Electra de Eurípides

A compañía de teatro Noite Bohemia, seis veces gañadora do Concurso Nacional de Teatro Grecolatino, leva a escena esta obra de Eurípides, forxada sobre un coro grego numeroso e danzas para trasladar a escena o obsceno da morte, a tolemia dun deus e a prepotencia dun Rey.

Galego

Velliñas

ButacaZero é a plataforma creativa de Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, asentados na cidade de Vigo, que propoñen un teatro que dialoga directamente co mundo actual: un teatro necesario. ButacaZero deuse a coñecer no ano 2016 na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Voaxa e Carmín, peza que inicia unha triloxía sobre a memoria, neste caso histórica, ao levar a escena a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, as coñecidas Marías de Santiago de Compostela. No 2018 estrean #camiños en Coprodución co CDG.

Galego

Rilo & Penadique: Arrolando as flores

Cando lle preguntaron na escola cantos irmáns eran ela dixo que cinco irmáns, dous alborotos e un xeranio". O resto da historia soubémola despois pola súa sobriña.

Arrolando as frores é a nova sesión de narración oral e música para público adulto que parimos. Nela falaremos do aborto, contaremos a Marica Campo, revisaremos os contos colorados, namorarémonos das flores e transplantaremos a alegría. Amor, dor, humor, música e mulleres das nosas vidas.

Galego

Anatomía dunha serea

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá todo o visceral dun caso aberto.

Galego

Habeas Corpus

Habeas Corpus é unha comedia destinada a público de todas as idades e deseñado para exhibirse en espazos exteriores (aínda así adaptable tamén a espazos interiores). O argumento trata un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. E para reflexionar sobre este feito, recorremos á recreación dun xuízo popular público a un lobo acusado do asasinato dun cordeiro.

Galego

As pombas de Carboeiro

Coa axuda das cartas do tarot de Marsella, un frade e un novicio revélanlle a un batallón das tropas napoleónicas acampadas en Carboeiro a fantástica orixe das pombas do mosteiro. A través do seu relato descubrirán a historia de amor de Cervela, correo de El-Rei Fernando II, e Octavia, a filla máis nova de Lupa de Lobarzán; amor que por razóns de sangue non lles será permitido. A dramaturxia e a música deste fascinante espectáculo acompáñase neste 2.021 coa edición dunha publicación en banda deseñada que recolle esta aventura ó longo do camiño de Santiago ilustrada por Iván Suárez.

Galego

Animais de compañía

Sabes en que se parecen unha muller e un can? En que os dous son animais de compañía. Marta, a protagonista desta peza, oíu moitas veces esta frase da boca do seu pai. Educada na violencia e na represión, afronta agora na idade adulta un matrimonio cun home que a minimiza ata anulala e mesmo recorre aos malos tratos para impoñer a súa autoridade. A morte da mascota da familia xera unha profunda fenda na relación. Marta atrévese a enfrontarse ao seu home e sofre as consecuencias, pero acaba dando un paso decisivo cara a súa liberación.

Galego

Misión imposible

Dúas mozas galegas, Uxía e Xiana, que non se coñecen de nada, cargan co mesmo
peso nas costas: ser as heroínas que salven o galego da súa inminente desaparición. Misión Imposible é unha comedia anti heroica para toda a familia que pretende abordar a problemática do galego fuxindo dos clixés canónicos da identidade para achegarse a ela desde a profundidade intelectual que ofrece a sátira e o sarcasmo para integrar as contradicións da realidade galega.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro