Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Bruxa descoidada, bruxa chamuscada

Nos seus fociños, diante das verrugas dos seus narices, diante dos pelos das verrugas dos seus narices... A Irmandade das bruxas do bosque de Terragrís anda revolta diante das estrañas desaparicións que están a acontecer na comarca.
Alguén ou ALGO está detrás deste misterio... De confirmarse os peores temores podería supoñer a extinción de todas as bruxas e, xa se sabe... Bruxa descoidada, bruxa chamuscada!

Galego

Escenas da Vida Conyugal

Ricardo Darín e Andrea Pietra, baixo a dirección de Norma Aleandro, presentan esta obra mestra de Ingmar Bergman baseada na película do xenial director sueco.

"Escenas da vida conxugal" é unha comedia dramática onde Juan e Mariana (Darín e Pietra) relatan ao público unha serie de situacións nas que ensinan distintas etapas do seu matrimonio e que continúan despois do seu divorcio. Escenas cotiás, divertidas ou dramáticas que sempre resaltan as condición humana. Todas elas cunha forte presenza do amor e coas que calquera pode identificarse.

Galego

As que limpan

Esta obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xuntos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes. 

 

Galego

A ansiedade non mata pero fatiga

Un día, por casualidade (ou non) Rafa, un ?ansia? desexoso de atoparse dunha vez por todas a si mesmo, aparece de cheo na vida dunha coñecida e divertida psicóloga. A partir de aí... Que Dios nos cólla confesados!

O principal obxectivo da A ANSIEDADE NON MATA, pero fatiga é básico, pero directo: conseguir que o público salga do teatro máis feliz que como entrou e con ferramentas sinxelas que lles axuden a xestionar emocións incómodas como a ansiedade.

Todo cun toque de humor para que gozar e divírtanse.

Galego

Come and go. Dramatícula No 121-127

Unha versión dun dos textos menos coñecidos do dramaturgo irlandés Samuel Beckett, "Come and Go". Dentro dunha estética minimalista e expresionista, nun non lugar onde o tempo parece relaxarse, tres mulleres conversan con linguaxe e xestos, formando unha coreografía espacial, rodeadas de imaxes fragmentadas, encadres e sensores de movemento. Segundo os críticos, esta é a peza máis "perfecta" do autor. Os intérpretes completarán o traballo orixinal a través da investigación de laboratorio físico, formando unha peza escénica de procedemento.

Galego

Confinados

Confinad@s nace, en clave de hilarante comedia, das experiencias sufridas durante o confinamento. Catro amigas xúntanse por vídeochamada e deciden fuxir das compulsivas rutinas provocadas pola situación de illamento, ao estilo de Boccacio, no seu Decamerón. Deste xeito evadiranse da súa particular “Florencia” contando catro surrealistas historias.

 

 

Galego

Moria

Este espectáculo conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non queda máis remedio que fuxir dos seus respectivos países. A dramaturxia sostense a partir de testemuños reais filmados no campamento de Moria baixo a supervisión de Nicolás Castelán, reporteiro especializado durante os últimos 20 anos en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos.

Galego

O libro da selva

A nova adaptación da historia de Rudyard Kipling que fala sobre a estraña historia dun neno perdido na selva india. O neno, Mowgli, acabará sendo adoptado por Baloo o oso, a pantera Bagheera e todos os demais animais que chaman fogar á misteriosa xungla.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro