Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Aldara na montaña

Aldara na montaña preséntanos a historia dunha nena que inicia a súa primeira viaxe lonxe da casa. Aldara, logo dunha discusión co seu avó, decide fuxir cara á montaña dos Penedos de Pasarela e Traba. A protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” e, a partir dese momento, establécese unha relación máxica entre Aldara e cada un dos penedos que descobre. Na súa travesía, a bordo do Barco Miramar, comparte viaxe coa señora Lebre e o señor Pallaso, e coa axuda da Aguia consegue chegar ó fogar das estrelas.

Galego

O Peirao

Dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Algunhas veñen de preto outras de lonxe e outras non teñen procedencia. Contos para mirar o redor, a natureza, a nós mesmos, para coidala, para coidarnos. 

O peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza e a relación que temos as persoas con ela. Para querela un pouco máis, para mirala desde un lugar diferente.

Galego

As viaxes de Bowa

Unha viaxeira guiada por unha obsesión: descubrir que hai tras as mensaxes encerradas en botellas lanzadas ao mar.

Un novo lugar no que enterrar as súas raíces e botarse a voar.

Maxia, equilibrios, acrobacia aérea, humor e poesía serán os compañeiros de Bowa nesta viaxe.

Galego

Tránsitos

TRÁNSITOS, unha coprodución Amici Miei Produccions, ESpacio Callejón de Arxentina e La Contracultural de Uruguai, que ven de estrear no Teatro La Gleva dentro da programación do Festival Grec 2020.

Galego

Escenas do cambio 2021: El diablo en la playa

No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia.

Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro. Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar?

Galego

Escenas do cambio 2021: El cómo quieres

A partir do imprescindible, ou do indispensable, ou do estritamente necesario, a partir de case nada, como poder dicir aínda ah a vida, a vida a vida!, ah o amor, o amor! ah a morte! En calquera lugar, fóra, dentro, na casa, no teatro, na praza, dicir: ah a vida, ah o amor o amor, ah a morte a morte!

A compañía escolleu distintos xeitos de conversacións con acentos diversos, tomando formas diferentes e empregándoas sen disocialas: movemento, o texto en tres linguas (catalá, castelán e francés) a danza, o canto, os ritmos procedentes de, entre outros, os zapateados e do claqué.

Galego

Escenas do cambio 2021: O paseo de Robert Walser

Un pequeno grupo de persoas pasea pola cidade seguindo o escritor suízo Robert Walser, interpretado por Esteban Feune de Colombi. Proposta escénica a pé, inspirada no universo e con textos deste escritor da primeira metade do século XX, cada vez máis admirado nos nosos días. No camiño prodúcense encontros, improvisados ou non, aparicións, figuras pasaxeiras que fan observar doutra maneira a paisaxe cotiá. O acto de pasear como outro modo de exercitar a mirada e de habitar o tempo, abertos, tamén, ao inesperado.

Galego

Escenas do cambio 2021: Antes

Antes é unha pequena xoia da nova dramaturxia portuguesa. Recentemente presentado en ISKV Tiyatro Festivali Istambul, Théâtre de la Ville en París e no Hiroshima de Barcelona, o texto de Pedro Penim aborda con ironía e humor o sentimento de nostalxia, de apego ao pasado.

Presentado como un “atlas de melancolías” a performance identifica unha especie de malestar latente relacionado a eventos ancestrais, presentes en toda Europa. Foi o noso pasado, realmente tan “glorioso” como o percibimos? E ata onde debemos identificar este antes?

Galego

Escenas do cambio 2021: O deus do pop

Trátase dunha peza resultante dunha micro- residencia de catro días na Cidade da Cultura  de Diego Anido e co seu equipo de dirección, produción e movemento.

Durante esta estadía, procorase desenvolver un proceso de investigación coreográfica, co obxecto do que se amose en Escenas do cambio sexa un resultado nun estado moi avanzando no que a dramaturxia textual e visual se refire.

Galego

Mar Adiante

Os preparativos do barco antes de botarse ao mar, a presentación e designación de Xosé Lois como capitán, o recibimento do público-tripulantes do  Arroás e a chegada da mestra María Vitoria suceden na cuberta do barco-escola, o  Arroás.

A acción sitúase nun barco, nun tempo distante, para sacar ao espectador da vida cotiá e facelo voar coa imaxinación nunha navegación por alta mar.

Xogos " clownescos" de persecucións, golpes e caídas que suceden nos dous pisos da cabina de mando, fan suceder as accións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro