Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Animais de compañía

Sabes en que se parecen unha muller e un can? En que os dous son animais de compañía. Marta, a protagonista desta peza, oíu moitas veces esta frase da boca do seu pai. Educada na violencia e na represión, afronta agora na idade adulta un matrimonio cun home que a minimiza ata anulala e mesmo recorre aos malos tratos para impoñer a súa autoridade. A morte da mascota da familia xera unha profunda fenda na relación. Marta atrévese a enfrontarse ao seu home e sofre as consecuencias, pero acaba dando un paso decisivo cara a súa liberación.

Galego

Misión imposible

Dúas mozas galegas, Uxía e Xiana, que non se coñecen de nada, cargan co mesmo
peso nas costas: ser as heroínas que salven o galego da súa inminente desaparición. Misión Imposible é unha comedia anti heroica para toda a familia que pretende abordar a problemática do galego fuxindo dos clixés canónicos da identidade para achegarse a ela desde a profundidade intelectual que ofrece a sátira e o sarcasmo para integrar as contradicións da realidade galega.

Galego

E porán esposas ás flores de Fernando Arrabal

Esta obra de Arrabalde, moi poucas veces representada nas táboas dun teatro profesional, preséntanos unha montaxe que narra a memoria histórica pero dunha forma cálida e entretida, o autor introduce na peza a historia do caso real de Julián Grimau que foi condenado á morte na ditadura franquista. Aparecen reflectidos os feitos verídicos que lle sucederon durante o seu xuízo por un tribunal militar.

Galego

Elefante Elegante

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro que crea espectáculos visuais baseados no xesto e no movemento tanto para público familiar como para público adulto. As creacións do Elefante Elegante buscan a universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

A compañía, de orixe galega-portuguesa, foi creada por María Torres e Gonçalo Guerrero no ano 2000. Residiu os primeiros anos en Bélxica ata que se instalou en Galicia en 2007.

Galego

A nova historia da cigarra e a formiga

Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.

Pero hoxe imos contarlles "A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga" a que empezou unha noite de tormenta que cambia todo... a que nos descobre a cara descoñecida dos personaxes, onde a música e as cancións transforman o primeiro enfrontamento nunha bonita amizade.

Un mundo de música e poesía que acurtará a brecha entre querelo e o deber.

Galego

Bernarda

Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos na nosa contorna a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos, vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos romper coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obrigación de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Galego

Riila Rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda… Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada . Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros.

Galego

Pulgarcito

Divertido para os nenos e conmovedor para os adultos (aínda que talvez resulte o contrario), presentamos o conto a través da relación dun fillo co seu pai. E é por iso que este é un espectáculo especialmente ideado para pais e fillos. Segundo dise, os contos inventáronse para durmir aos nenos e espertar aos adultos, pero, e se os pais fosen os nenos e os fillos os adultos?

Galego

​Viaxe á Lúa

Oklahoma. 1989. Alguén atopa un manuscrito nunha mesilla de noite. Trátase de Viaxe á Luna, un guion cinematográfico inédito de Lorca o único que escribiu o poeta e dramaturgo granadino? que permanecera oculto durante 60 anos. O texto era propiedade da viúva de Emilio Amero, pintor e director surrealista mexicano que coñeceu a Lorca en 1929 en Nova York. Lorca escribiu 71 secuencias a man nun caderno raiado e regalou o texto a Amero. Feixe o que queiras con isto, parece que lle dixo. Amero nunca chegou a rodar a película.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro