Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Moria

Este espectáculo conta a historia de dúas refuxiadas e as súas familias ás que non queda máis remedio que fuxir dos seus respectivos países. A dramaturxia sostense a partir de testemuños reais filmados no campamento de Moria baixo a supervisión de Nicolás Castelán, reporteiro especializado durante os últimos 20 anos en movementos migratorios forzosos e dereitos humanos.

Galego

O libro da selva

A nova adaptación da historia de Rudyard Kipling que fala sobre a estraña historia dun neno perdido na selva india. O neno, Mowgli, acabará sendo adoptado por Baloo o oso, a pantera Bagheera e todos os demais animais que chaman fogar á misteriosa xungla.

Galego

Rosalía

A autora inmortal e máis universal das nosas letras ten tamén un espazo nas actividades de Nadal. A peza de teatro que leva o seu nome, Rosalía, é unha obra de muller que trata sobre a infancia da autora de Cantares gallegos. Foi pensada para nenas e nenos de 6 a 12 anos e para as súas familias por un equipo feminino intensamente vencellado ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia.

Galego

Teatro negro de Praga- O gran espectáculo familiar de Navidad

O Teatro Negro de Praga cultivou un gran éxito a nivel mundial ao longo da súa historia e atrae a miles de espectadores. Este Nadal, NK Prodarte dáche a oportunidade de gozar deste espectáculo sen moverche da túa cidade.

O Teatro Negro de Praga é un espectáculo insólito que se basea en enganar ao ollo humano creando unha ilusión óptica, xogando con negro sobre negro, luces e cores.

Galego

Nadal no Gaiás 2021: Os trasnos do Nadal

A Biblioteca de Galicia trae para estas datas especiais de decembro, sobre todo para a cativada, un animado cabaré centrado na temática de Nadal,  con 7 elfos en escena. A escenografía da obra Os trasnos do Nadal recrea un teatriño  onde os elfos do Polo Norte contarán como é a súa vida ao longo de todo o ano en Laponia, axudando a Papá Noel, e como terán que facer para solucionar un despiste do Reno Rodolfo que os deixou esquecidos na Cidade da Cultura de Galicia.

Galego

Murmullo

MURMURLLO, é ese rumoreo na orella, unha vez que nace dentro e que está formada por todo o que nos fai ser quen son; as nosas vivencias, medos, traumas, inquietudes

É a pesada maleta que todos cargamos ás nosas costas e con frecuencia é unha pesada carga dela que nos queremos librar.

Con sorte podes atopar unha persoa coa que compartir parte dese peso, coa que camiñar da man, un cómplice, un amigo.

A peza, en formato curto, convida o espectador a penetrarse dentro deste concepto.

Galego

O agrocho

A compañía Teatro de Ningures trae ao FalaRedes esta peza para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferenzan do resto do alumnado ao comezar o colexio. O ogrocho aborda temas como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade ou o engano para amosarlles aos nenos e nenas a complexidade de ser persoa.

Galego

Un vals para Cincinnati

Esta peza do director e guionista Pedro Rodríguez Villar esta protagonizada por Sheila Figueroa no papel de Ana e Carlos Denis no papel de Jack. A escenografía, iluminación, vestiario e montaxe son de Pedro Rodríguez, Sarai Gómez e Gabriel Otero.

Esta peza recibiu varios premios e mensiones nestes últimos anos. Por exemplo obtivo unha mensión especial nos premios Buero Vallejo de Teatro Novo, finalistas do Xuventude Crea 2020 e o premio Mellor Guión Orixinal do Certame de Teatro Escolar e aficcionado da Deputación da Coruña 2018.

Galego

Chucho

Chucho é divertido, juguetón e algo curioso. Un espectáculo familiar que sacará máis dunha gargallada e algunha miradita tenra. O protagonista é agudo e torpe ao mesmo tempo, vándalo pero cariñoso, valente e asustadizo Chucho podes ser ti ou mesmo o teu can.

Un espectáculo cargado de mensaxes que fala do abandono, de ser diferente, do amor cara aos animais, da importancia do xogo, a diversión e a procura da felicidade nas pequenas cousas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro