Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O ogrocho

A compañía Teatro de Ningures trae ao FalaRedes esta peza para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferenzan do resto do alumnado ao comezar o colexio. O ogrocho aborda temas como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade ou o engano para amosarlles aos nenos e nenas a complexidade de ser persoa.

Galego

O Candil. Un musical galego

A Escola Galega de Teatro Musical (EGTM) trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes unha obra de teatro musical que xira arredor dos temas do noso cancioneiro popular. Nela pídese a participación do público como convidado a unha festa clandestina no Pavillón Lino da Coruña, en 1919. Ao mesmo tempo, esta comedia de variedades fai un percorrido pola historia sociopolítica e artística de Galicia e os inicios da muller no mundo laboral durante os tolos anos 20.

Galego

Roedores

Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido gato Beche. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas fanos especiais. Ao fin e ao cabo… “Todos somos Roedores”

Galego

O camiño da lingua

Xan vén participar ó concurso O Camiño da Lingua, coa intención de levar o gran premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e a literatura galega. Será quen de superar el só todas as probas? Terá que pedir axuda aos espectadores? Para saber o resultado terás que asistir O Camiño da Lingua! O Camiño da Lingua é un espectáculo teatral interactivo de pequeno formato que mestura o sketch e a narración oral.

Galego

Complexo de Edipo

Cadaval conta... Complexo de Edipo, un relato mítico que xa escoitaron oito mil colombianos e tamén tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios. Probablemente o público europeo coñece mellor a versión do ribeirano que a orixinal do inmortal Sófocles.

O mito do home que mata o pai, se acostarácon a nai, chámalle fillos aos irmáns e agora comentado por unha tabernera dun porto galego que ademais é a nai do monologista Cadaval.

A cociñeira desdeña o mito clásico á vez que dá a receita da carne asada.

Galego

Menú de refectorio

A proposta de Viravolta Títeres discorre nun mosteiro. Alí os monxes, mentres preparan a mesa para o xantar, conversan sobre personaxes literarios do Renacemento cuxas accións dramáticas toman forma a través dos elementos da vaixela que hai sobre a mesa.

Menú de refectorio estará este outono en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística: A Peroxa, Salceda de Caselas, Miño, Ribas de Sil, Coristanco, Guitiriz e Ponte Caldelas.

Galego

Mortais e Vulnerables

Mortais e Vulnerables e o segundo solo de Nuria Sotelo.
Despois de 11 anos da aparición do primeiro solo, “Métanse nos seus asuntos”, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables ven marcar a transformación en Furia Sotelo.

Galego

Katana

Era unha familia normal" , "non note nada raro", "eran moi amables". ¿Cantas veces ouvimos estas frases en un informativo? ¿Cantas máis as ouviremos?
O Crime da Katana foi, sen dúbida, un dos que marcan unha xeración: un neno mata o seu pai,nai e irmá. Mesturaba, a parte, elementos que a día de hoxe de tan normalizados parécennos ridículos: xogos de rol, chats, videoconsolas.
O seguimento que se fixo por parte da prensa foi exhaustivo e por suposto non se chegou a ningunha conclusión razoable. ¿Por que habería de habela?.

Galego

Güela- güela

Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recentemente nacidos aos brazos dos seus papás, voando sempre en grupos ou bandadas.

Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles permite percorrer grandes distancias ata chegar aos seus destinos.

Galego

Porvir

Un exitoso cirurxián, un profesor universitario, un xefe de prensa dun partido político e unha publicista cuxo soño é ser escritora (Julia) reúnense desde fai vinte anos na terraza dela para charlar e quererse. Unha noite, Julia dálles a noticia de que a botan de casa. Ese é o detonante para coñecer as razóns vitais que moven as decisións dos personaxes que, azuzados pola deusa Fortuna, enfróntanse á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro