As Andainas dos Monifates e don Gaiferos
Os Monifates!
Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), os cales bailan ao son da música que interpretamos. Un día coñecen un simpático peregrino chamado Don Gaiferos e deciden percorrer o Camiño de Santiago. Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen, nos cales farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe a Santiago.
Actividade pensada para nenos e nenas a partir de 7 anos.

